Por fin! Hoxe é o gran día. Xa podemos ir a Biblioteca. Xa podemos mergullarnos nun montón de aventuras. Gaspar mandounos unha invitación para asistir á festa da "Biblio". Mirade que chula!
Durante todo o día Gaspar recibíu a todos os nenos e nenas do colexio na biblioteca, para lembrarlles as normas xerais e iniciar o proxecto deste curso " AS MARABILLAS DO MUNDO". Miramos un Powert Point no que a nosa mascota contounos cousas moi interesantes. Rematamos cunha canción moi bonita titulada
" Vamos a leer", cun agasallo de gominola e un marcapáxinas moi especial, que ten no seu reverso un extracto do pregón que a nosa escritora Ledicia Costas tiña preparado para hoxe, por ser O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Os mestres e mestras tamén recibiron un agasallo moi especial, feito polo equipo de biblioteca, un marcapáxinas con forma de Gaspar. Por último, os nenos e nenas de 6º curso que son axudantes de biblioteca, recibiron os seus distintivos e un agasallo dun caderno de viaxe, para anotar as súas experiencias.
Aquí tedes as fotos e a canción!!!
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES A TODOS E TODAS!!
Chegaron aos nosos andeis 3 coleccións novas de cómics en castelán. Os títulos son:
-Marieta:los recuerdos de Naneta, autor NOB, xoven autor francés.
- El despertar del Zélfiro,autor KARIM FRIHA
- Atlas e Axis,autor PAU
¡POR FIN!Xa recibimos a primeira carta de Gaspar. Esta mañá xa tiñamos nos nosos novos "buzóns" unha carta del. Miradea.
Pero tamén atopamos polos corredores unhas fotos.El di que temos que adiviñar de que trata o tema este ano. Nos vos parecen marabillosas? Mirade as fotos que nos deixou.
Costumes?
País?
Pratos típicos?
Traxes típicos?
Bandeira?
Lugar?
Historia?
Quen poidera coñecer todos estes países! Que marabilla! Que estupendo sería!
Pero de momento tedes que adiviñar os lugares donde viaxou Gaspar. Atoparedes a resposta o LUNS 24.
Estades preparados? Estades listos? Gaspar está a piques de chegar. Que ilusión! Dentro de pouco xa podemos ir a BiblioRía e mergullarnos nun montón de aventuras. Estamos desexando recibir as cartas de Gaspar. Por iso, dende o equipo de profes da "Biblio " mandouse a todas as titorías un sobre donde Gaspar ten que introducir as suas "novas". Mirade que chulo quedou!
Lembrades as historias? Pois neste mes de setembro prodúcese o CENTENARIO do nacemento do seu autor ROALD DAHL. Animádevos e botar unha ollada a estes magníficos títulos que seguro están na nosa BiblioRía
O curso pasado, os nenos e nenas de 5º de E. Primaria, leron o libro de Ledicia Costas, "Escarlatina, a cociñeira defunta". Quedaron encantados!Este curso tamén o empezan a ler os nenos/as de 5º. Seguro que o disfrutarán!
Xa estamos de volta neste novo curso. Estade atentos as vindeiras novas da nosa BiblioRía. Que estará facendo Gaspar? Seguro que está buscando unha chea de historias para contarnos viaxando polo mundo adiante. Xa estamos desexando que volva.