martes, 21 de marzo de 2017

Día da Poesía



Chega a primavera e tamén, hoxe, é o día da POESÍA. 

Disfrutade e preparádevos para o gran recital.

lunes, 20 de marzo de 2017

VISITA DE DAVID HERNÁNDEZ CHAMBERS

O xoves, día 16 de marzo, o escritor David Hernández Chambers visitou a nosa Biblioteca, por cortesía da Editorial Edelvives.
Os nenos e nenas de 6º curso leron un dos seus libros titulado " El secreto de Énola".
https://imagessl8.casadellibro.com/a/l/t0/38/9788414004838.jpgO escritor púxolles aos nenos e nenas uns enigmas no encerado dixital, relacionados co argumento do libro.
Estiveron moi atentos e fixéronlle moitas preguntas. Despois David asinou os libros e tamén escribíu no " Libro de Bitácora" da Biblioteca. Por último, despedímonos agasallándolle cun marcapáxinas de Gaspar feito polo Equipo de BiblioRía.
Moitas grazas David! esperamos o teu novo libro, que xa nos anticipaches o argumento. 
Aquí tedes as fotos!!

domingo, 19 de marzo de 2017

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2016/2017

O 16 e 17 de marzo tiveron lugar os encontros  do Plan de mellora de Bibliotecas escolares do curso 2016-2017 ao que asistíu a cooordinadora do equipo de Biblioteca.
Destacar o obradoiro de poesía de Antonio García Teijeiro. 
No seguinte enlace tedes máis  información.

lunes, 13 de marzo de 2017

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

A semana do 6 ao 10 de marzo celebramos no colexio a SEMANA DA PRENSA.
O equipo de biblioteca preparou un mural no porche cunha unha nova de cada país no que hai unha das marabillas que estamos a traballar neste curso.
Mirade as fotos!!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O día 8 de marzo celebramos no colexio O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
Como nos propuxo Gaspar, na súa carta, cada curso elexíu a unha muller que destacara por algo no país onde están as marabillas.
 Unha nena de 5º curso fixo un resumo do porqué se celebra este día, que puxemos ao carón dos murais presentados nos corredoiros, ao lado da biblioteca.
 Mirade as fotos!! Bo traballo!

domingo, 12 de marzo de 2017

MAIS NOVAS SOBRE CHICHEN ITZÁ

Queredes coñecer mais cousas sobre a Pirámide de Chichen Itzá? Sabiades que o seu interior está cheo de segredos?
 Mirade no seguinte artículo

http://www.lainformacion.com/arte-cultura-y-espectaculos/monumentos-y-patrimonio-nacional/Descubren-estructura-interior-Kukulkan-Mexico_0_972504620.html

lunes, 6 de marzo de 2017

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Xa estamos empezando a traballar a conmemoración do 8 de marzo, o día da MULLER TRABALLADORA.

E este ano, temos que escoller una muller que destaque  nos  países onde están cada MARABILLA, é dicir:en China, en Italia, na India,en Méjico, en Perú, en Brasil e en Jordania.

As mulleres elexidas son:
CHINA: Tu Youyou
ITALIA: Hipatia de Alejandría
INDIA: Indira Gandhi
MÉJICO: Frida Kahlo
PERÚ: Elena Moyano
BRASIL: Zilda Arns
JORDANIA: Asma Khader



En breve, ensinaremos os traballos feitos polos alumnos

NOVA CARTA DE GASPAR

Xa estamos no mes de marzo e Gaspar viaxou a outro lugar en busca dunha nova MARABILLA.
 A ver se  adiviñades de cal se trata:


Pois sí, se trata de CHICHEN ITZÁ. Un pobo "maya" situado en Méjico.

Se queredes coñecer aos MAYAS, preme nas seguintes imaxes.








Podemos coñecer algo de historia sobre Chichen Itza no seguinte enlace




jueves, 2 de marzo de 2017

Actividades do mes de marzo

Hoxe Gaspar enviounos unha carta coas actividades previstas para o mes  de marzo.
 Botade un ollo:

Logo, o primeiro que temos que facer é buscar para o día da muller traballora, unha muller que destaca por algunha actividade no seu país. É dicir, unha muller de China, da India, de Italia, de México, de Brasil e de Jordania.

Veña , mans á obra.

CARTA DE GASPAR