viernes, 23 de abril de 2021

Día do Libro 2021

 Hoxe tivemos un día moi intenso e cheo de sorpresas, no que o alumnado comezou o día recibindo recomendacións lectoras dos seus padriños e madriñas para conmemorar o día do libro.

Este curso os apadriñamentos lectores tiveron que ser a distancia por mor da covid e fixémolos de xeito telemático, pero non por iso foron menos emocionantes. Os maiores fixéronlle aos pequenos (afillados) unha recomendación lectora e intercambiaron agasallos personalizados que fixeron chegar a través d@s titores/as.

Deixámosvos algunhas imaxes...













Bo día do libro a tod@s!


miércoles, 21 de abril de 2021

¿QUE É PARA TI UN LIBRO?

 Nesta semana do libro coroa a nosa biblioría un libro xigante que nos expón unha cuestión. Con el preténdese traballar a expresión escrita nos cativos manifestando que significa para cada quen a lectura. 

Ao longo da semana irá pasando pola biblioteca todo o alumnado. Aquí vos deixamos unha mostra dalgúns alumnos de educación infantil (5º e 6º) e de 1º de primaria deixando as súas impresións.

Cando finalicemos o rexistro das diferentes achegas ensinarémosvos o resultado a través do  instagram da biblioteca "BiblioRía de Gaspar".






 

 

 

 

 

 









 



















martes, 20 de abril de 2021

AMPARO, NAI DE XELA ARIAS

A semana pasada tivemos a honrra de contar coa visita de Amparo na biblioría. Amparo é a nai de Xela Arias, homenaxeada neste 2021 polo día das Letras Galegas. Compartiu espazo e tempo co alumnado de 5º e 6º de primaria, os cales mantiveron unha bonita charla con ela, que amablemente respondeu as súas dúbidas e curiosidades. 














 

Grazas!

 

viernes, 26 de marzo de 2021

DÍA DA POESÍA

Para conmemorar o día da poesía (21 de marzo) e do teatro (27 de marzo) fixemos un programa especial de radio en vivo, guiado polo alumnado de 6º curso e retransmitido no tempo de lecer. Neste participaron os alumnos/as de 6º de infantil, coa lectura dun fragmento teatral da obra "El circo de la fantasía", o alumnado de 1º que nos recitou un poema do seu libro de itinerarios lectores "O meu gato é un poeta", 3ºB co seu "manual para ser poeta" e 4º de primaria coas súas ladaíñas.

Esperamos que gocedes do 2º programa de "Ondas do Ría", que proximamente terá novo logo! 

Grazas a tódalas familias por participar na creación do mesmo.

 



jueves, 11 de marzo de 2021

"ONDAS DO RÍA"

Como xa vos anticipamos, este luns fixemos o noso primeiro programa de radio escolar en vivo! Foi retransmitido por algúns dos colaboradores de 6º curso, e nel participaron representantes de cada unha das aulas. Xa que era o primeiro programa de "Ondas do Ría" tamén gravamos o proceso, aquí vos deixamos o making-of do directo a cámara rápida co audio real do programa. Esperamos que vos guste!


 

 

lunes, 8 de marzo de 2021

8 M - DÍA DA MULLER 2021

Aproveitamos un día tan especial para inaugurar o noso programa de radio no patio "Ondas do Ría", cuxa primeira emisión en directo se retransmitiu esta mañá cun programa especial conmemorando o día da muller 2021. Neste programa contamos cuns locutores de radio excepcionais (bibliotequeir@s do Ría) e coa participación de todo o alumnado, dando visibilidade a importancia da igualdade, xa que consideramos que "a educación é a única solución" para conseguir tal fin. Incluso tivemos o privilexio de contar cunha sintonía en directo, personalizada polos músicos do Ría! Compartiremos con vos un resumo de dita emisión nos vindeiros días.

 


E por outra banda, elaboramos unha pequena homenaxe a tódalas mulleres que conforman esta comunidade educativa.



Bo día a tod@s,
pola igualdade!

POR TI,

POR NÓS,

POR TODAS.