Como cada 24 de outubro, convidámosvos a celebrar o Día da Biblioteca. A edición deste ano, baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir”, céntrase en destacar o papel das bibliotecas como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e ao coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos.
O alumnado de terceiro de primaria aproveitando o PDI "Sentidiño no Camiño", fixeron unha saída que partiu do merendeiro de Saians ata o alto da bandeira, onde puideron ver uns Muíños naviculares que se conservan intactos. Dende aí baixaron ata os Muíños de Saians, onde merendaron e repuxeron forzas. A partir de aquí colleron un tramo do camiño de Santiago ata o Castro de Medoña, pasaron pola fonte dos Peregrinos ata chegar aos Muíños de Gontade, no bosque bautizado como "Bosque das Leiras do Ría" onde os compañeiros de sexto deixaron poemas de Xela Arias e regresaron camiñando ata o cole.
Foi un día espectacular!!
Aquí vos deixamos unha fermosas imaxes dos lugares polos que pasaron.
E para rematar responderon ao seguinte cuestionario!
O mes pasado participamos nun concurso de podcast sobre Xela Arias para o Día das Letras Galegas 2021, que a pesares de non haber gañado, compartimos con ilusión con toda a comunidade educativa, xa que os cativos se esforzaron moito para facelo posible e nos parece moi interesante. Esperamos que vos guste!
No primeiro participaron nenos/as de 5º de educación infantil co seu particular dígocho eu, con "x" de Xela e de 2º de primaria que recitaron unha pequena bibliografía sobre a vida e obra de Xela Arias.
No segundo nenos/as de 3º elaboraron un rap para Xela, os de 4º compartiron unha carta que escribiu o pai de Xela cando ela tiña 6 anos, reivindicando a liberdade do uso do galego dos máis cativos, os de 5º fixeron un pequeno traballo sobre a obra de Xela e os de 6º de primaria recitaron unha poesía da autora e exerceron de presentadores do podcast.
Ao longo do curso o alumnado do colexio tivo a oportunidade de contar cunha sesión especial á semana de lingua de signos, da man de Miriam, a nosa mestra, grazas a ela tivemos un achegamento inicial a LSE e coñecemos as bases da comunicación signada.
Aquí vos deixamos unha canción signada por dúas nenas do colexio que compartiron con nós para a semana das letras galegas.
Queremos agradecer a ANPA do colexio por ofrecernos esta oportunidade!
Familias! moitas grazas por participar no concurso, colaborando na busca do emblema ideal para a nosa radio escolar!
Tralo primeiro cribado en aula, os elixidos foron os seguintes:
Tódalas propostas eran magníficas pero o alumnado xa deu o seu veredicto! Tras o reconto, o programa "Ondas do Ría" xa ten logo! O elixido pola comunidade educativa foi o número 12. Esperamos que vos guste!
Logo gañador
O creador do logo cos seus agasallos
A votación estivo moi axustada, así que tamén vos deixamos os semifinalistas, número 9 en 2º lugar máis votado e número 8 en 3º.
Aquí os tres premiados cos seus logos e agasallos.
Esta mañá tivemos o pracer de recibir no colexio a visita de Discamino, con Gerardo (precursor) e Pitillas (fundador) a cabeza, dando inicio a esta andadura, acompañados de 3 compoñentes máis do seu gran equipo, compartiron unha mañá moi agradábel co alumnado de 6º de primaria, na que puidemos coñecer as súas historias persoais, como naceu o proxecto, o seu traballo e o modo particular de vivir o Camiño coas persoas con discapacidades. Aprendizaxes imprescindibles tendo en conta o noso PDI deste curso, “Sentidiño no Camiño”. Ademais disto, tamén responderon a unha pequena entrevista que lles fixeron os reporteiros da radio escolar 📻 a través dun programa especial de “Ondas do Ría” que proximamente verá a luz e poderedes gozar.
Aos nosos lectores, recomendámosvos que sigades a súa páxina de facebook (DisCamino) onde mostran a fermosa labor que desempeñan (http://discamino.org/) e animámosvos a ver “El desorden de los sentidos” coprotagonizado por Gerardo.
Antes de finalizar, cabe destacar, que Javier Pitillas, o fundador de Discamino, actualmente opta ao Premio Princesa de Asturias da Concordia pola súa gran labor e traxectoria. Parabéns!