martes, 24 de mayo de 2016

III QUEDADA LITERARIA

Onte, 23 de maio, celebramos a III Quedada Literaria.
Reunímonos no parque de Castrelos os colexios: Carrasqueira, Emilia Pardo Bazán, O Pombal, Frian Teis, CPI Ribeira, A Doblada, Fleming, Eduardo Pondal e o noso colexio. Contamos tamén coa visita do IES República Oriental do Uruguay que participou contando contos aos máis cativos.
Do noso colexio acudiron a Quedada os nenos de 5 anos e os de 5º curso. Os máis cativos  xuntáronse cos nenos de  infantil do CPI Ribeira e fixeron pequenos grupos  para escoitar os contos que tiñan preparados os alumnos/as de 1º da ESO; ademais escoitaron en gran grupo á unha  "Contacontos" que lles contou unha historia preciosa sobre animais.
Os nenos/as de 5º curso compartiron lecturas cos nenos/as do colexio Emilia Pardo Bazán e o Fleming.
Despois da lectura e a merenda, escoitamos os contos de Bea e Davide, e as palabras de concelleira Uxía Blanco.
 Por ultimo, cantamos todos xuntos a canción de
 Migallas " O libro máxico".
Todo isto foi posible gracias á coordinación do Servizo De Normalización Lingüística do concello de Vigo,  de Antonio Fernández, profesor do IES Carlos Casares, da Biblioteca " Xosé Neira Vilas" e  dos mestres/as dos centros participantes.
Foi unha xornada moi bonita chea de lecturas emocionantes. 
Mirade as fotos! 

jueves, 19 de mayo de 2016

VISITA DE SILVESTRE GÓMEZ

Hoxe, xoves día 19, as 10:20, visitounos o escritor SILVESTRE GÓMEZ, por cortesía da editorial Anaya-Xerais.
Fixo a animación do libro " Ti non xogas", que leron os nenos e nenas de 3º curso.
Contounos cousas que queríamos saber sobre a súa vida e sobre o libro.
 Os nenos e nenas explicáronlle os traballos que fixeron sobre o tema.
Asinou todos os libros e asinou tamén no "libro de Bitácora" da biblioRía.
 Por último démoslle un pequeno agasallo da biblioteca.
Mirade as fotos!
 

viernes, 13 de mayo de 2016

VISITA DO AUTOR E ILUSTRADOR JACOBO FERNÁNDEZ

O xoves, día 12 de maio, visitou a BiblioRía o autor e ilustrador
 JACOBO FERNÁNDEZ.
Trouxo os carteis dos tres libros que ten publicados de "Marcopola" e adelantounos o cartel do seguinte libro da colección.
Explicou aos nenos/as moitas cousas sobre a súa vida e sobre os seus debuxos e, coma sempre, deixounos dous debuxos preciosos.
Non só asinou todos os libros, senón que debuxou en cada libro o personaxe que elexiu cada neno/a.
Asinou tamén no "Caderno de bitácora" da biblioRía.
Por último, os nenos/as lle agasallaron cos seus debuxos e, dende  a biblioteca, lle dimos tamén un agasallo de gominolas de Gaspar e de corazón, por ser éste un curso cheo de emocións.
Mirade as fotos!

martes, 10 de mayo de 2016

OS NENOS E NENAS DE 5º CURSO FIXERON O SEU PROPIO EMOCIONARIO

Os alumnos/as de 5º curso traballaron as emocións dun xeito especial. Elexiron dúas emocións e fixeron un emocionario. Mirade as fotos!!
Están feitos todos/as uns e unhas artistas.

 

VISITA DO ESCRITOR ANTÓN CORTIZAS

O día 9 de maio visitounos o escritor ANTÓN CORTIZAS, por cortesía da editorial Anaya-Xerais, para a animación do libro que leron os nenos e nenas de  
4º curso titulado " Xogando con gatos".
Faloulles de moitas cousas pero, sobre todo, deixou que os nenos/as preguntaran todo o que se lle ocurrise. 
Aquí tedes as fotos!

jueves, 5 de mayo de 2016

VISITA DA CONTACONTOS RAQUEL QUEIZÁS

O mércores, día 4 de maio, visitounos a contacontos RAQUEL QUEIZÁS, por cortesía da editorial Edelvives . Fixo a animación de dous contos que leron os nenos e nenas de 1º e 2º cursos. Foi moi divertido! Mirade as fotos





martes, 26 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO E DO APADRIÑAMENTO LECTOR

Como o día do libro foi o día 23, sábado, no colexio decidimos celebralo o luns, día 25.
Tivemos un pequeno acto no ximnasio, presentado por unha alumna e un alumno de 6º curso, no que lembramos porqué se celebra o día do libro e fixemos especial mención á vida de Cervantes, por ser este o IV centenario da súa morte. Miramos dous vídeos, un sobre a lectura e outro sobre a vida de Miguel de Cervantes.
Ao rematar fixemos tivemos unha xornada  de apadriñamento lector baixo o lema " Ao aire, libro". Cada  afillado/a foi a praia acompañado do seu padriño ou madriña que lle leu un conto. Despois da lectura, fíxose a entrega dos marcapáxinas personalizados que cada neno diseñou para os seus padriños e afillados. Máis tarde merendaron  e  xogaron un pouco,  entre varios nenos e nenas fixeron unha figura estupenda na area con forma do golfiño Gaspar, que, como sabedes, é a mascota da biblioteca. 
 Por último entregámoslle a cada neno/a un agasallo de gominola de Gaspar e outro con forma de corazón, por ser un día de moooitas emocións.
Rematamos esta xornada agotados pero moi contentos. Pasámolo moi ben!
Aquí tedes os vídeos que puxemos e as fotos deste día tan bonito.

lunes, 25 de abril de 2016

OBRADOIRO DE EMOCIÓNS DO MES DE ABRIL

Comezamos a segunda fase do obradoiro de emocións.
Nestas sesións as psicólogas ensinaron aos nenos/as técnicas para o control da ira, técnicas de autoestima, de relaxación e de resolución de conflictos.
Fixeron dinámicas de grupo para a resolución de conflictos coa finalidade de que aprendan e automaticen o que se debe facer nunha situación de conflicto.
Deixáronnos uns agasallos: o bote da relaxación, a ruleta, o tren de emocións...etc
Ademais facilitaron aos titores propostas de intervención na aula por escrito.
Estamos rematando os obradoiros de emocións. Só nos  queda unha sesión no mes de maio.  
Está resultando mooooi interesante para os nenos/as e para os mestres/as!!!!
 Aquí tedes as fotos.

martes, 19 de abril de 2016

PRIMEIRO ENCONTRO DOS PADRIÑOS E MADRIÑAS COS SEUS AFILLADOS E AFILLADAS

Chegou unha carta de Gaspar ás aulas  informando dunha xuntanza dos padriños e madriñas cos afillados e afilladas  o venres, día 15 de abril.
O nenos de 3º e de 6º cursos estrenáronse como padriños e madriñas. Os de 3º dos nenos e nenas de 3 anos e os de 6º dos nenos e nenas de 2º curso. 
A próxima xuntanza será o día 25, que aproveitando a celebración do "Día do libro", cada padriño e madriña contará un conto ao seu afillado ou afillada.
Mirade as fotos!

domingo, 17 de abril de 2016

VISITA DE MANUEL SOLLA

Hoxe, contamos na biblioRía coa visita do contacontos Manuel Solla, para animar as lecturas de 3º e 4º curso, por cortesía da editorial S.M.
No 3º curso leron o libro" La princesa triste" e os de 4º curso " Querido Max". Ambolos dous tratan de emocións diferentes. No primeiro a protagonista é a tristeza e no segundo o enfado ademais doutros valores.
Os nenos e nenas estiveron moi atentos as actividades grupais que se lle propuxeron, como escenificar esceas do libro e adiviñalas, debuxar animais que aparecen no libro...etc
Cando rematamos as dúas sesións os nenos e nenas aplaudironlle e dende a biblioteca lle dimos un agasallo de Gaspar. Para rematar a actividade Manuel deixou os seus comentarios no "libro de honor da biblioRía".
Aqui tedes as fotos!