BENVI@s a un novo curso escolar na BiblioRía; desexamos vivir con todos milleiros de actividades e experiencias que aumenten o noso amor pola lectura.
Ah!... Gaspar non quere pasar sen dicirvos unhas palabras:
Hola amiguiños!
Supoño que xa estaredes disfrutando a tope do noso cole Ría de Vigo, non si?
Que sorte a vosa! Eu aínda me atopo un pouco lonxe, a moitas millas de aí, e xa estou sentindo moita morriña, por iso quero voltar o mais axiña posible.
Que tal de vacacións? Xa me contaredes algo. Vivístedes moitas aventuras? Eu, pola miña parte, teño moitísimas cousas que contarvos das miñas viaxes polos mares do Sur e do Norte, onde me atopo agora mesmo.
Nin vos imaxinades o que se pode atopar no fondo do mar . . . e a de historias de barcos que se escoitan nos portos da costa!
En canto chegue quero contárvolo todo, todo, todo!
Tamén atopei unha chea de libros que falan de historias que aconteceron no mar: aventuras, viaxes, etc. que axiña estarán nos andeis da BiblioRía e así vos tamén poderedes vivir tantas aventuras coma min.
Xa estou impaciente por chegar, moitas historias agardan por nos este novo curso.
Bo comezo e bicos xeados dende o Ártico. Con agarimo,
Gaspar
Setembro, 2011
No hay comentarios:
Publicar un comentario