viernes, 30 de noviembre de 2012

Culturgal

Dende o noso blogue, recomendamos a todas as familias que visiten CULTURGAL, a Feira das Industrias Culturais, que terá lugar os días 30 de novembro, 1 e 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Onde está?
Rúa Alexandre Bóveda s/n 36005
Pontevedra
Contacto: 986 833 061
www.pazodacultura.org
En Google Maps: http://ir.gl/8ae33c
Coodenadas GPS
Latitude: 42.436729
Lonxitude: -8.63902
Na páxina web
poderedes atopar toda a información necesaria sobre os diferentes obradoiros, exposicións, contacontos, maxia, teatro, danza, presentacións de libros e discos, etc. que terá lugar esta fin de semana en Pontevedra. 
fotoexito01-web
Culturgal é unha gran casa construída entre os distintos gremios da cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías. Un fogar coas portas e ventás abertas sempre cara á sociedade. Un evento único, de periodicidade anual, que chega á súa quinta edición consolidado como a gran cita das industrias creativas en Galicia.
A Feira das Industrias Culturais de Galicia é moito máis que un encontro profesional. Culturgal é unha romaría á que acoden cada ano miles de persoas para coñecer de primeira man as novidades editoriais, o último en música, o glamour do audiovisual, a maxia das artes escénicas, os avances das novas tecnoloxías e mesmo as propostas máis marxinais en tres días de actividade sen tregua. Tres días de intenso traballo conxunto que convirten tamén a Feira nun lugar de encontro privilexiado para os axentes do sector, un espazo para a reflexión e a aprendizaxe, no que intercambiar experiencias e imaxinar novos proxectos baseados na colaboración e no apoio mutuo.
Culturgal está organizado por unha entidade da que forman parte as asociacións profesionais máis representativas do sector: Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono), Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet), Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi). A Feira conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da AGADIC e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, do Concello de Pontevedra, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e conta coa colaboración de máis de 30 entidades e empresas. No eido das industrias culturais, Culturgal é sen dúbida o proxecto coa rede máis ampla de colaboradores institucionais, asociativos e empresariais.

Culturgal é a casa da cultura en Galicia. A vosa casa. Entrade ata a cociña.

martes, 27 de noviembre de 2012

AXUDANTES DA BIBLIORÍA

Na escola contamos cuns axudantes na BiblioRía; son os nenos e nenas de 6º curso, que durante os recreos son os encargados das tarefas da Biblioteca, xunto cun profesor do equipo de Biblioteca.

Asemade, neste curso, cada grupo de nenos está preparando sesións de contacontos para os nenos máis pequenos.

 
Podedes ver nesta presentación as normas dos encargados e encargadas  e as fotos facendo as súas tarefas na BiblioRía.



Coma sempre, manterémosvos informados de todas as novidades que vaian xurdindo.

lunes, 19 de noviembre de 2012

Clasificación dos libros de Educación Infantil

Este curso, contamos cunha novidade nos estantes de libros adicados a educación infantil.
Como ben sabedes, estes nenos/as non poden clasificar os libros por orden alfabético e, para poder ser autónomos na BiblioRía, precisan dunha clasificación ou orde de libros adaptada á súa idade.
Aquí podedes ver o recuncho adicado aos libros de infantil. Unha zona moi tranquila que conta cunhas mesas e cadeiras adaptadas a súa idade. Hai milleiros de libros e, este ano, cunha clasificación sinxela para todos e todas.
 

A clasificación é a seguinte:

- LIBROS CON ESTRELA (presentan no lombo unha estrela e son libros "especiais" que non se poden levar para casa")
 

 - LIBROS PARA LER NÓS (presentan unha pegatina dunha nena lendo un libro. Son contos de imaxes, contos con pouco texto e letra maiúscula, contos para primeiros lectores con poca cantidade de letra cursiva, ...)

- LIBROS PARA QUE ME LEAN: Son contos con moito máis texto e moito máis densos. Levan unha pegatina dunha mestra ou adulto lendo un libro aos nenos e nenas.

lunes, 12 de noviembre de 2012


VIOLETA MONREAL VISITA A NOSA BIBLIORÍA

Violeta Monreal naceu en Oviedo, en 1963 . É licenciada en Belas Artes. Dende 1987 leva publicados máis de cento corenta libros coas súas imaxes nas principais editoriais españolas, dos cales, trinta foron escritos por ela mesma. Compaxina o seu trballo coa labor de conferenciante en debuxo infantil e creatividade

O venres, 9 de novembro, o alumnado de 5º e 6º  e algúns profesores tivemos a gran sorte de participar nun encontro coa ilustradora e escritora VIOLETA MONREAL na BiblioRía.
Cunha mezcla de maxia e empatía conseguíu atraer a atención dos presentes e facer que esta actividade de animación á lectura resultase unha experiencia motivadora e gratificante. Penso que podemos confirmar esa frase que nalgunha ocasión atopei pola rede.... " VIOLETA TEN MANS DE FADA E CORAZÓN DE NENA".

  Grazas por esta primeira visita ao noso cole e esperamos poder verte por aquí en máis ocasións.

Invitámosvos a ver as fotos deste encontro.



Deuse a curiosa coincidencia que a súa vez Violeta recibíu a sorpresa de coñecer personalmente a Susa Herrera, xa que as dúas están a traballar nun proxecto común," En Cabárceno se oye cantar", no que Violeta pon as ilustracións dos animais e Susa pon as cancións.

Xa esperamos impacientes a publicación deste traballo para podelo disfrutar na nosa Biblioteca.
Violeta Monreal e Susa Herrera

viernes, 2 de noviembre de 2012

Educación artística

 A EDUCACIÓN ARTÍSTICA TEN QUE ESTAR  PRESENTE EN TODO O SISTEMA EDUCATIVO


Un grupo de mestres  fixeron este estupendo  videoclip para reivindicar a importancia das ensinanzas artísticas  na educación.
Ademais, estes mestres queren transmitirnos o que pensan da nosa situación actual. " No os dejéis llevar por la indefensión aprendida; tenemos la obligación moral de enseñar a nuestros alumnos con el ejemplo, para que no sean borregos que se traguen todo lo que les echen".

Tedes máis información no seu blog: