Dende o noso blogue, recomendamos a todas as familias que visiten CULTURGAL, a Feira das Industrias Culturais, que terá lugar os días 30 de novembro, 1 e 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Onde está?
Rúa Alexandre Bóveda s/n 36005
Pontevedra
Contacto: 986 833 061
www.pazodacultura.org
En Google Maps: http://ir.gl/8ae33c
Coodenadas GPS
Latitude: 42.436729
Lonxitude: -8.63902
 
Rúa Alexandre Bóveda s/n 36005
Pontevedra
Contacto: 986 833 061
www.pazodacultura.org
En Google Maps: http://ir.gl/8ae33c
Coodenadas GPS
Latitude: 42.436729
Lonxitude: -8.63902
Na páxina web
poderedes atopar toda a información necesaria sobre os diferentes obradoiros, exposicións, contacontos, maxia, teatro, danza, presentacións de libros e discos, etc. que terá lugar esta fin de semana en Pontevedra. 
      
      

Culturgal é unha gran casa construída entre os distintos gremios da 
cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, 
internet e novas tecnoloxías. Un fogar coas portas e ventás abertas 
sempre cara á sociedade. Un evento único, de periodicidade anual, que 
chega á súa quinta edición consolidado como a gran cita das industrias 
creativas en Galicia.
A Feira das Industrias Culturais de Galicia é moito máis que un 
encontro profesional. Culturgal é unha romaría á que acoden cada ano 
miles de persoas para coñecer de primeira man as novidades editoriais, o
 último en música, o glamour do audiovisual, a maxia das artes 
escénicas, os avances das novas tecnoloxías e mesmo as propostas máis 
marxinais en tres días de actividade sen tregua. Tres días de intenso 
traballo conxunto que convirten tamén a Feira nun lugar de encontro 
privilexiado para os axentes do sector, un espazo para a reflexión e a 
aprendizaxe, no que intercambiar experiencias e imaxinar novos proxectos
 baseados na colaboración e no apoio mutuo.
Culturgal está organizado por unha entidade da que forman parte as 
asociacións profesionais máis representativas do sector: Asociación 
Galega de Editores (AGE), Asociación Galega de Empresas de Artes 
Escénicas (Escena Galega), Asociación Galega de Produtoras Fonográficas 
(Agaphono), Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías 
(Eganet), Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi). A Feira
 conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da AGADIC e da 
Secretaría Xeral de Política Lingüística, do Concello de Pontevedra, do 
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e conta coa colaboración de 
máis de 30 entidades e empresas. No eido das industrias culturais, 
Culturgal é sen dúbida o proxecto coa rede máis ampla de colaboradores 
institucionais, asociativos e empresariais. 
Culturgal é a casa da cultura en Galicia. A vosa casa. Entrade ata a cociña.
Culturgal é a casa da cultura en Galicia. A vosa casa. Entrade ata a cociña.
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario