A MALETA DE GASPAR CHEGA ÁS AULAS
Estou
seguro de que neste intre xa fostes quen de descubrir onde fun parar cando me
perdín por aquel labirinto de canales. Pois sí, aquela casa tan grande chea de
cadros pendurados das paredes era un MUSEO.
Tamén
estou seguro de que xa sabedes en que cidade me atopaba, jaja. Que listos
sodes!
Que
cadros tan fermosos hai nos museos! Aínda que todos son tan diferentes . . .
uns cheos de cores, outros escuros, uns cheos de persoas e outros de flores, tamén
os hai con figuras xeométricas, raias, . . . uf, que variedade!
Por que
será iso?
E a
vos, cal vos gustaría máis?
En
canto cheguei á BiblioRía púxenme a revisar os andeis, e no do número 7, no que
os libros teñen a etiqueta de cor ROSA, descubrín unha chea de libros que teñen
fotos de cadros que vin naquel lugar e outros moitos que non estaban alí. Tamén
encontrei libros que falan de persoas que fan eses cadros. Foi todo un
descubrimento, e sen saír da biblioteca!
Tamén
prendín o ordenador, conecteime a internet e preguntei ao señor Google. Uf, aí
si que atopei cousas tamén!
Estou
fascinado con este achado! Por iso pensei compartilo con vos. Estou seguro de
que tamén vos gustará mergullarvos neste MUNDO DA ARTE tan cheo de cores.
Estades
dispostos para unha nova aventura?
Pois
non se fale máis e mans á obra!
Para
comezar, non vos gustaría visitar un MUSEO ou unha EXPOSICIÓN de pintura?
Pois
non vos preocupedes, que xa me encarguei eu de concertarvos unha visita a unha
EXPOSICIÓN DE PINTURA, para que vexades que
tamén hai cousas marabillosas tan pretiño de nos.
Por
outra banda, vos propoño que miredes ben o contido da maleta. Aí hai un libro
que seleccionei especialmente para vos,que resultará moi interesante para coñecer máis a fondo o cadro e o seu autor.
Estou seguro que entre todos seremos quen de converter este cole nun verdadeiro museo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario