O día 15 e 16 tivo lugar na BiblioRía un precioso "Obradoiro de Nadal".
Cada neno/a podía coller un debuxo, pintalo e decoralo como quixera, poñéndolle despois unha tiriña para colgalo da árbore da súa casa.
Tamén podían poñer unha mensaxe de Nadal en cada adorno.
Habilitáronse dúas mesas para poñer todo o material necesario: purpurina, ceras, gomets, goma eva...etc.
Non paraban de chegar nenos/as.
O obradoiro foi todo un éxito!!!
Mirade as fotos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario