Como o día da poesía foi o 21 de marzo, sábado, no colexio celebrámolo o luns día 23.
Distribuímos a todos os nenos/as en dous grupos: Por unha banda actuaron os nenos/as de Infantil, 1º e 2º cursos e, por outra banda, os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º.
A maioría das poesías estiveron relacionadas co proxecto que estamos a traballar durante todo o curso: " lendo coa arte que nos rodea".
Comezamos presentando o festival cunha lectura de cinco motivos polos cales podemos ler poesía.
A continuación empezamos co recital.
Os nenos/as de Infantil de 3 anos recitaron a poesía titulada " Hace miles de años". Os nenos/as de 4 anos :" Soy en hombre Cromañón" e os maiores de Infantil : "Aquí nos quedamos".
Despois pasaron a recitar os nenos/as do 1º curso as poesías: " Os castros Saians" e " Castros do meu corazón".
Por último, os alumnos de 2º recitaron tres poemas: " La invasión romana", "Os romanos" e " Romanos na Ría de Vigo".
A segunda parte do recital protagonizárona no primeiro lugar os nenos/as de 3º curso coa poesía: "Romance das tres princesas".
En segundo lugar recitaron os nenos/as de 4º curso a poesía titulada
" O hórreo". Despois os alumnos/as de 5º curso recitaron " Poesías de Vigo".
Por último, os maiores do colexio recitaron unha serie de poesías de tres das esculturas de Vigo feitas por eles en plastilina, que nos mostraron a todos/as.
Para rematar agasallamos aos nenos/as e mestres/as co marcapáxinas da foto , feito polo equipo de Biblioteca, no que por un lado aparece a escultura que temos en Vigo dedicada aos poetas e trovadores que escribiron en galego "A fada e o dragón", situada no paseo de Alfonso XII, e por outro lado, unha poesía de Martín Codax que fala de Vigo, titulada " Ondas do mar de Vigo".
Como, por falta de tempo, non puideron recitar todas as poesías que tiñan preparadas, propuxémoslles aos nenos/as facer dende a biblioteca unha recopilación de todas a poesías, encuadernalas e poñelas no andel
" Feito por nós", para que todos/as podamos ler en calquera momento estas preciosas poesías.
O recital rematou aplaudindo e dando as grazas dende a Biblioteca aos nenos/as e mestres/as pola participación neste precioso acto.
Como sempre, aquí tedes a reportaxe gráfica
Como sempre, aquí tedes a reportaxe gráfica