O día 18 de marzo os nenos/as de 5 anos e de 1º de Primaria visitaron
"O CASTRO DE VIGO".
Como xa sabedes, no proxecto que estamos a desenvolver neste curso, os nenos/as de infantil e 1º curso de Primaria están a traballar a prehistoria e a cultura castrexa; deste xeito con esta visita, axudados pola arqueóloga encargada dos castros, puideron ver cómo vivían nesa época e aprender cousas novas.
Os nenos/as portáronse moi ben e fixeron moitas preguntas, polo que aprenderon moito!
Aquí tedes as fotos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario