Por segundo ano consecutivo, 
desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promóvose a 
celebración de novembro como  MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS 
BIBLIOTECAS, sumándose á celebración doutras iniciativas como 
o Día da Ciencia en Galicia, da Real Academia Galega de 
Ciencias, celebrado o pasado 1 de xuño e dedicado á oceanógrafa galega Ánxeles 
Alvariño, ou o Día da Ciencia en Galego, a celebrar o 4 de novembro, a 
instancia da Institución Galega de Ciencia entre outras institucións. 
Desde a consellería editouse, 
tamén, un FOLLETO INFORMATIVO con informacións diversas sobre a 
celebración deste Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, recollendo a 
programación das bibliotecas públicas.
Podedes ver toda a información premendo no  enlace de abaixo. En Vigo, coma sempre, as actividades desenvólvense na biblioteca pública " Juan Companel". Tedes tamén a infromación na corcheira do "Recanto de lectura" e nas dúas  corcheiras da biblioteca. 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario