domingo, 6 de abril de 2014

CHEGOU O MES DE ABRIL



“EN ABRIL, LIBROS MIL”
Ola amiguiños e amiguiñas!

Xa chegou o mes do libro!

Aínda que nós andamos sempre mergullados entre libros, este mes queremos facelo dun xeito moi especial. Estade atentos ao programa, que imos ter unhas actividades superchulas.

Tamén é tempo de lembrarse dos padriños; pois a ver se os padriños do cole van buscando o conto máis bonito para lerlle como agasallo aos seus afillados.

O venres, día 4, algúns dos maiores fixeron xa unha visita aos seus afillados/as.

Tamén os nenos e nenas de 3 anos, que son novos no cole, van ter uns novos padriños. Serán os nenos e nenas de 3º de Primaria que xa pasaron ao lado dos maiores e este ano estréanse como padriños.

Seguro que o farán todos moi ben.

FELIZ MES DO LIBRO!

jueves, 27 de marzo de 2014

DÍA DO TEATRO



Hoxe, día 27 de marzo, xa case a piques de rematar este mes tan cheo de festa, chega o
DÍA DO TEATRO.
Os nenos/as de 3º curso fixeron unha representación dunha parte do libro que están lendo na clase " Las seis caras del señor Grunt", da escritora Ana Alonso, que visitounos fai uns días.
A este representación asistiron os nenos/as de 5º curso.
A obra trata dun pintor, chamado Max, que ten que pintar a un capitán con sete caras diferentes.
Aplaudímoslles moito porque o fixeron moi ben.
Mirade as fotos!

viernes, 21 de marzo de 2014

DÍA DA POESÍA


 BENVIDOS Ó RECITAL DE POESÍA!!
Hoxe, 21 de marzo, tamén lle queremos dar a benvida á PRIMAVERA, e. . ... cal será o  mellor xeito de facelo?
Con poesía, claro!!!
Este ano estamos feitos uns verdadeiros artistas! Non hai máis que ver os corredores do colexio,  e con esa sensibilidade que produce o arte,  sentímonos inspirados para facer poesía.
Así que hoxe xuntámonos, na Biblioteca do colexio,  para 
“Ler e recitar con arte os nosos poemas”, 
 e celebrar, deste xeito,  este fermoso día.
Cada curso recitou o seu poema.
Comezamos polos  máis pequenos do cole e rematamos polos máis maiores.
 Foron tantas as poesías que escribiron que non as puideron ler todas neste día, mais recitaránnas na súa clase e ciclo.
Unha vez máis, agracedemos ás familias que axudaron aos seus fillos a escribir os poemas.
Aquí tedes o programa e máis abaixo as fotos.
FOI UN DÍA MOI EMOTIVO E ESPECIAL!


lunes, 17 de marzo de 2014

HOXE VISITÓUNOS ANA ALONSO

Hoxe, día 17 de marzo, visitounos a escritora ANA ALONSO.
 
Acudiron os nenos/as de 3º e 4º, que leron un dos seus libros titulado 
" Las siete caras del señor Grunt".
Ana Alonso naceu en Tarrasa (Barcelona) en 1970, aínda que   residíu a maior parte da súa vida en León.  Licencióuse en Ciencias Biológicas por la Universidad de León e ampliou os seus estudos en Escocia e París.  Publicou oito poemarios e, entre outros,  recibíu o Premio de Poesía Hiperión (2005) o Premio Ojo Crítico de Poesía (2006), o Premio Antonio Machado en Baeza (2007), o  Premio Alfons el Magnànim Valencia de poesía en castellano (2008), e o premio Barco de vapor pola novela "El secreto de If",escrita en coautoría con Javier Pelegrín.
 Xunto con Javier Pelegrín, é coautora da serie de fantasía y ciencia ficción “La llave del tiempo”, publicada pola editorial Anaya. 
Tamén  traducíu algúns clásicos británicos e americanos.
Os seus  últimos libros publicados son Profecía (Editorial Viceversa, Octubre 2010), Los instantes perfectos (Oxford, octubre de 2010) e os seis títulos iniciais da colección “Pizca de sal” (Anaya, marzo 2010).

Ana Alonso explicou aos nenos/as como empezou a súa andaina como escritora. Empezou a escribir poesías en 5º de Primaria, aos 13 anos xa non llas ensinaba a ninguén; as gardaba  nun caixón. Aos 19 anos participou nun concurso e gañou. 
Tamén escribía contos que gardaba no mesmo caixón; pero non os deu a coñecer   ata que se atopou co que hoxe é o seu home, que facía o mesmo que ela, e xuntos decidiron sacar todas as historias do caixón e contalas.
Asemade contounos que escribíu este libro pola súa afición pola pintura e por todos os estilos.
Os nenos/as fixéronlle moitas preguntas e ademais houbo unha sorpresa: 
 Representaron parte do seu libro  e invitáronna a acudir  outro día para ver a representación enteira.
Despois, dedicou os libros aos nenos que neste momento o tiñan e asinou no "Caderno de Bitácora".
Dende o Equipo de Biblioteca agasallámoslle cun dos nosos marcapáxinas feitos a man.
Moitas grazas Ana!, como sempre, foi un pracer contar coa túa presenza e invitámoste a vir cando queiras.

Ela e o seu home teñen un blogue no que podedes atopar máis información.

sábado, 15 de marzo de 2014

SEMANA DA PRENSA NO RÍA

Dende o día 10 ao día 14 celebramos no colexio a
 SEMANA DA PRENSA
Como xa ben sabedes, todos os días, coñecemos o que acontece no mundo grazas ás noticias.
Pódemoslas ver na televisión ou no ordenador, escoitar na radio e tamén ler nos periódicos; de este xeito pedimos que os nenos/as trouxeran da casa noticias que teñan que ver co mundo do arte. 
Esta semana fomos engadíndoas no porche, para facer entre todos un gran mural.
Aquí tedes algunhas fotos.

jueves, 13 de marzo de 2014

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo celebrouse o DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Como no do mundo do Arte hai moitas mulleres que destacan, preguntamos o nenos se coñecían a algunha e puxéronse mans a obra.
Entre todos buscaron algún cadro dunha pintora famosa, investigaron sobre a súa biografía e fixeron un pequeno mural co que atoparon.
BO TRABALLO !!