Hoxe, día 17 de marzo, visitounos a escritora ANA ALONSO.
Acudiron os nenos/as de 3º e 4º, que leron un dos seus libros titulado
" Las siete caras del señor Grunt".
Ana Alonso naceu en Tarrasa (Barcelona) en 1970, aínda que
residíu a maior parte da súa vida en León. Licencióuse en Ciencias
Biológicas por la Universidad de León e ampliou os seus estudos en Escocia e París. Publicou oito poemarios e, entre outros, recibíu o Premio de Poesía
Hiperión (2005) o Premio Ojo Crítico de Poesía (2006), o
Premio Antonio Machado en Baeza (2007), o Premio Alfons el Magnànim Valencia
de poesía en castellano (2008), e o premio Barco de vapor pola novela "El secreto de If",escrita en coautoría con Javier Pelegrín.
Xunto con Javier Pelegrín, é coautora da serie de fantasía y ciencia
ficción “La llave del tiempo”, publicada pola editorial Anaya.
Tamén
traducíu algúns clásicos británicos e americanos.
Os seus últimos libros
publicados son Profecía (Editorial Viceversa, Octubre 2010), Los
instantes perfectos (Oxford, octubre de 2010) e os seis títulos iniciais
da colección “Pizca de sal” (Anaya, marzo 2010).
Ana Alonso explicou aos nenos/as como empezou a súa andaina como escritora. Empezou a escribir poesías en 5º de Primaria, aos 13 anos xa non llas ensinaba a ninguén; as gardaba nun caixón. Aos 19 anos participou nun concurso e gañou.
Tamén escribía contos que gardaba no mesmo caixón; pero non os deu a coñecer ata que se atopou co que hoxe é o seu home, que facía o mesmo que ela, e xuntos decidiron sacar todas as historias do caixón e contalas.
Tamén escribía contos que gardaba no mesmo caixón; pero non os deu a coñecer ata que se atopou co que hoxe é o seu home, que facía o mesmo que ela, e xuntos decidiron sacar todas as historias do caixón e contalas.
Asemade contounos que escribíu este libro pola súa afición pola pintura e por todos os estilos.
Os nenos/as fixéronlle moitas preguntas e ademais houbo unha sorpresa:
Representaron parte do seu libro e invitáronna a acudir outro día para ver a representación enteira.
Despois, dedicou os libros aos nenos que neste momento o tiñan e asinou no "Caderno de Bitácora".
Dende o Equipo de Biblioteca agasallámoslle cun dos nosos marcapáxinas feitos a man.
Moitas grazas Ana!, como sempre, foi un pracer contar coa túa presenza e invitámoste a vir cando queiras.
Ela e o seu home teñen un blogue no que podedes atopar máis información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario