miércoles, 12 de marzo de 2014

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2013/2014

Os vindeiros 27 e 28 de marzo de 2014, o prrofesorado que coordina os equipos de biblioteca dos centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares reunirase en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos), no que serán os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2013/2014.  Os Encontros reúnen a expertos en biblioteca como Inés Miret ou Luis Miguel Cencerrado; investigadores en cultura e tecnoloxía, como Antonio Rodríguez de las Heras; científicos como Jorge Mira. Pero tamén serán plataforma para a difusión de prácticas de excelencia que se están a dar en moitas bibliotecas escolares galegas, que se exporán en mesas de experiencias sobre "ciencias na biblioteca escolar", sobre a lectura ou sobre as aprendizaxe por proxectos. Haberá ocasión, así mesmo, para reunións temáticas, nos que o profesorado entablará coloquio sobre certas temáticas de interese, trala intervención inicial dun dos participantes: "Investigar ou googlear?" ou "Integración das ciencias e as humanidades na Biblioteca escolar, serán algúnas destas temáticas. Habilitarase un espazo para a exposición de materiais elaborados polas bibliotecas dos centros e, coma en ocasións anteriores, un recuncho para o intercambio de libros entre os lectores e as lectoras interesados.  
  Se queredes saber cal é programa destes días premede neste enlace.

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/programa_def_14.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario