lunes, 9 de febrero de 2015

INAUGURASE O RECUNCHO " LENDO ESPERO" PARA AS FAMILIAS



Xa sabedes que dende a BiblioRía desenvolvemos o programa
 “ LENDO ESPERO” para que as familias que agardan polos seus fillos, polas tardes,  poidan facelo lendo un libro ou unha revista na  Biblioteca do colexio.

Para facilitar, se cadra un pouco máis, ese acercamento da lectura ás familias INAUGURAMOS O RECUNCHO “ LENDO ESPERO”, no “porche” do colexio  o martes 10 de febrero.

A partires deste día, podedes esperar polos vosos/as fillos/as ao rematar a xornada escolar, o  comedor ou as actividades  ollando un libro, a prensa, unha revista…..etc. 

Lembrade que tamén tedes á vosa disposición a Biblioteca do colexio polas tardes os luns, mércores, xoves e venres de 16:00 a 18:00, atendida polo/a mestre/a que estea de garda ese día  e os martes de 16:00 a 17:00, atendida polo equipo de Biblioteca.

Aproveitamos a ocasión para dicirvos que temos libros novos moi interesantes que podedes levar en préstamo polas tardes na Biblioteca.

Esperamos que vos guste e que gocedes da lectura neste espazo pensado especialmente para vós.

FELICES LECTURAS E FELIZ ESPERA!!
Podedes ver as fotos dos cambios que foron produciendo dende o mes de xaneiro no recuncho da entrada o colexio:

viernes, 6 de febrero de 2015

OS ALUMNOS DE 5º E 6º VISITAN A ARTE QUE LLES RODEA


 O mércores, día 4 de febreiro, os nenos e nenas de 5º e 6º cursos fixeron unha visita guiada pola cidade de Vigo, para traballar a escultura e arquitectura dos séculos XIX e XX, que é o tema que lles tocou dentro do Proxecto deste curso " Lendo coa Arte que nos rodea".
Dividíronse en dous grupos, cada grupo cunha guía especializada que lles repartíu un roteiro a cada quen e  que lles foi explicando cada escultura e fachada que ían atopando. 
As guías foron estupendas, contáronlles anécdotas dalgúnhas fachadas e esculturas  que non sabían!!
Comezaron na Praza de España, alí miraron a escultura  e foron baixando ao Monumento ao traballo, Fundación laxeiro, Teatro, Fachada do Colexio de arquitectos, estatuas do Sireno, trovadores, bañista, Julio Verne e nadador.

Aproveitando que o mércores día 11 temos prevista a visita do escultor José Molares, autor do calamar xigante de Julio Verne, que se atopa na zona do nautico, fixeron unhas fotos estupendas co calamar e pensaron xa moitas preguntas para facerlle.

A visita foi todo un éxito! os nenos e nenas tomaron nota de moitas cousas e fixeron moitas preguntas.
As guías quedaron abraiadas do interese que amosaron en todo momento e o ben que se comportaron.

Moitas gracias  a Margariña, Noelia e Ana por guiarnos nesta aventura!!

Ademais, saímos no xornal! Mirade!!
http://www.vigoalminuto.com/2015/02/04/nenos-e-nenas-do-ceip-ria-de-vigo-conecen-a-historia-da-cidade-lendo-coa-arte-que-nos-rodea/ 

Como sempre, aquí tedes a reportaxe gráfica!


domingo, 1 de febrero de 2015


O álbum Maruxa, da editorial galega OQO, foi un dos libros lidos o curso pasado no colexio e ademais viñeron a facer un obradoiro moi, moi divertido, no que os nenos/as fixeron con masa de pan os personaxes do conto.
  Pois resulta que este conto é un dos títulos galardoados nos «Cookbook Gourmand 2014», premios que seleccionan os mellores libros de cociña de todo o mundo. A obra infantil foi premiada na categoría «Best Illustrations Cookbook», na súa edición en galego. Os Gourmand, coñecidos popularmente como os Oscar da materia, levan Os Gourmand, coñecidos popularmente como os Oscar da materia, levan máis de 15 anos premiando os mellores títulos gastronómicos.
Maruxa é a adaptación dunha canción tradicional polaca e forma parte do proxecto «Cociña de Contos. Europa á carta», unha iniciativa que relaciona a literatura e a gastronomía para o público infantil. O libro galardoado, publicado en febreiro do ano pasado, narra con moito humor e retranca a historia dunha muller que, farta de facerlle a Pepiño o pan todos os días, decide darlle unha lección e amosarlle que o traballo na casa é cousa de dous. O traballo,  con texto da pontevedresa Eva Mejuto e ilustracións da portuguesa Mafalda Milhões, busca provocar a reflexión e lograr un sorriso nos lectores máis novos. Ademais tamén lles inicia no proceso de elaboración do pan. 
O título, destinado a pequenos a partir de 3 anos, optará, ao igual que  o resto dos finalistas de cada país, ao título «The best in the world». O proceso final terá lugar en Yanyai, en China.