O álbum Maruxa, da editorial galega OQO, foi un dos libros lidos o curso pasado no colexio e ademais viñeron a facer un obradoiro moi, moi divertido, no que os nenos/as fixeron con masa de pan os personaxes do conto.
Pois resulta que este conto é un dos títulos galardoados nos «Cookbook
Gourmand 2014», premios que seleccionan os mellores libros de cociña de
todo o mundo. A obra infantil foi premiada na categoría «Best
Illustrations Cookbook», na súa edición en galego. Os
Gourmand, coñecidos popularmente como os Oscar da materia, levan Os Gourmand, coñecidos popularmente como os Oscar da materia, levan máis de 15 anos premiando os mellores títulos gastronómicos.
Maruxa é a adaptación dunha
canción tradicional polaca e forma parte do proxecto «Cociña de Contos.
Europa á carta», unha iniciativa que relaciona a literatura e a
gastronomía para o público infantil. O libro galardoado, publicado en
febreiro do ano pasado, narra con moito humor e retranca a historia dunha muller que, farta
de facerlle a Pepiño o pan todos os días, decide darlle unha lección e
amosarlle que o traballo na casa é cousa de dous. O traballo, con texto
da pontevedresa Eva Mejuto e ilustracións da portuguesa Mafalda
Milhões, busca provocar a reflexión e lograr un sorriso nos lectores máis novos. Ademais tamén lles inicia no proceso de elaboración do pan.
O título, destinado a pequenos a
partir de 3 anos, optará, ao igual que o resto dos finalistas de cada
país, ao título «The best in the world». O proceso final terá lugar
en Yanyai, en China.
No hay comentarios:
Publicar un comentario