Como este curso estamos a traballar “A arte que nos rodea”:
Escultura e Arquitectura, que mellor que un escultor para aprender máis sobre
este mundo tan interesante!
Deste xeito, hoxe día 11 de febreiro,
tivemos o privilexio de contar coa visita dun escultor moi coñecido en Vigo : JOSE MOLARES, autor de obras como
" A escultura de Julio verne" e " O paseo dos peixes" de Bouzas
" A escultura de Julio verne" e " O paseo dos peixes" de Bouzas
A visita estaba prevista para os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º
cursos, mais ó final non tiña tempo suficiente e tivemos que priorizar aos nenos/as de 5º e 6º porque estaba máis relacionada coa parte do proxecto que están a traballar.
Durante toda a visita centrouse na obra de Julio Verne, que está no Naútico.
Explicounos todo o proceso : primeiro fixo uns bocetos, despois creou unha estrutura metálica, máis tarde tapouna con barro; despois aplicoulle xeso para facer o molde. Unha vez que tiña o molde levouna á fundición e co proceso da "cera perdida" fundiuse por partes que despois soldáronse.
Por ultimo, pulíronlla cun chorro de auga con area e déronlle unha pátina para que collera ese aspecto verdoso.
Contounos moitas cousas máis, entre elas que é moi importante para él que as súas esculturas se poidan tocar e que o máis difícil de esculpir son as mans.
Os nenos e nenas fixéronlle moitas preguntas e estiveron moi atentos.
Por último, repartíu a cada neno/a, como agasallo, unha foto da escultura o día da súa inauguración.
Tamén, firmoulle aos nenos/as fotos que fixeron xunto a escultura na saída artística que fixeron por Vigo a semana pasada.
Para rematar, asinou no caderno de Bitácora da Biblioría e agasallámoslle cun chavero artesanal, feito polo equipo de Biblioteca.
MOITAS GRAZAS JOSÉ!!
e moitas grazas tamén a nosa compañeira Ana Maquieira, que fixo posible esta visita.
Esperamos que volvas pronto!Aquí tedes a reportaxe gráfica:
No hay comentarios:
Publicar un comentario