viernes, 13 de febrero de 2015

ENTROIDO CHEO DE ARTE

 Como xa sabedes este curso estamos a traballar coa Arte que nos Rodea; deste xeito tivemos un Meco moi especial, unha reprodución da estatua do Sireno.
E, despois de toda a semana, seguindo as ordes do Meco, chegou o esperado entroido. 
Cada curso disfrazouse da parte do proxecto que lle correspondía. Os nenos/as de

Infantil disfrazáronse de Prehistóricos e contáronnos un pouco como vivían nesa época. 
Os nenos do 1º curso da Idade dos Metais e a cultura castrexa.
Os nenos/as de 2º curso de romanos e representaron unha batalla.
 Os de 3º da época Medieval e bailaron unha danza. 
Os de 4º da época Moderna e contáronnos as tres pasaxes máis importantes da Idade Moderna : A toma de Granada, a Arribada, os piratas e a Reconquista.
Os de 5º, que están a traballar a escultura e arquitectura dos séculos XIX e XX, disfrazáronse  de constructores; albaneis, arquitectos....etc montaron varios puzzles de  edificios da nosa cidade e, por último, os maiores do colexio foron disfrazados de turistas visitando as esculturas da nosa cidade e facendo fotos.
Despois dos desfiles  os nenos/as de 6º curso leron o manifesto e decidiron indultar ó Meco.
Unha vez rematada a festa, non podía faltar a degustación de todos os doces típicos destas datas que os nenos/as trouxeron da casa.
Como sempre, temos que dar as gracias a ANPA pola axuda prestada na festa e na merenda.
Foi unha festa estupenda e agotadora!! Agora temos uns días para descansar!
Ata pronto!! 
Se queredes algunhas fotos, premede no enlace. Tedes máis fotos na Páxina web do colexio e no blogue da ANPA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario