viernes, 18 de marzo de 2011

Prantamos árbores en Educación Infantil

Onte, 17 de marzo de 2011, os nenos e nenas de Educación Infantil estivemos de excursión no Monte de San Miguel de Oia... pero non estivemos mirando a paisaxe... estivemos a traballar!!!... PRANTAMOS ÁRBORES... uns fermosos carballos!!!... unha actividade moi motivadora para o alumnado e moi relacionada co proxecto deste curso escolar: "Os tesouros dos bosques".
As persoas da Comunidade de Montes da zona botáronnos unha man nesta tarefa así como as nosas mestras e mestre.
Ás 10:30 horas da mañá, o autobús agardaba por nós ás portas do colexio... estabamos un pouco nervios@s e con moitas ganas de ir.
Unha vez alí, comezamos a nosa función... repoblar o monte. Pouquiño a pouco, puxemos a árbore, botásmoslle a terra por enriba, pisamos esa terra e, como non, deixamos cada un ao noso Landro colgado do carballo... todo isto entre unha terra un pouquiño "húmida" pola chovias de días anteriores... algún rematou cos pés cheos de lodo!!!

Traballo feito e... chega a hora da merendar!!!
Primeiro toca subir ata a zona escollida para tomar os bocatas así que comezamos a camiñar pouco a pouco e tod@s xunt@s ata chegar xunto da "nosa recompensa": uns saborosos bocatas de chocolate... mmm!!! ...boísimos!!!
De postre, zume de froitas e mazás... a merenda máis traballador@s!!!
Despois de merendar, xogamos un pouqiño e camiñamos polo monte na busca dun lobo que non apareceu pero parece que as súas pegadas andaban pola terra...
foi unha xornada moi divertida na que cumprimos a nosa función de contribuir á repobración dos montes.
Se queres disfrutar da totalidade das imaxes, podes facelo no apartado de Galerías da páxina web do cole. Para acceder, preme na ligazón que aparece aquí abaixo:

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipriadevigo/galeria/thumbnails.php?album=168

jueves, 17 de marzo de 2011

Actividades para o Día da Árbore - Día da Poesía 21 de marzo (I)

Aquí vos amosamos o "cartel" que cada un dos nenos e nenas do colexio está a decorar para celebrar o Día da Árbore e o Día da Poesía.
Con estas árbores, elaboraremos unha cenefa polos corredores do colexio... estade moi atent@s a este blogue xa que neste espazo web aparecerá toda a información sobre as nosas actividades.
Por outro lado, o alumnado do colexio está a preparar, en cada unha das aulas, unha poesía relacionada cos bosques e que "interpretarán" o vindeiro luns 21.
Toda esta información a "almacenamos" no dossier do proxecto que está presente na BiblioRía, con toda a información de consulta e literatura que o alumnado pode atopar no espazo destinado ao proxecto dos bosques.

miércoles, 16 de marzo de 2011

Actividade para celebrar o Día da Árbore en Educación Infantil

O vindeiro luns, 21 de marzo, celebraremos no colexio o Día da Árbore e o Día da Poesía. Dende as aulas de Educación Infantil, queremos compartir con todos os nosos usuarios e usuarias unha actividade moi sinxela consistente en montar unha árbore sobre cartolina; aquí vos deixamos as plantillas (as poderedes decorar como queirades, utilizando diversas técnicas, materiais,...)
 

viernes, 11 de marzo de 2011

SEMANA DA PRENSA (II)


Hoxe, 11 de marzo de 2011, celebramos na escola a Semana da Prensa.
Durante semanas anteriores, as familias e o alumnado aportaron ás aulas recortes de prensa onde o tema central eran as novas relacionadas coas árbores.

Con todas estas noticias de xornais e revistas elaboramos un gran mural nun dos extremos do porche da escola e este é o resultado.


 
Nenos e nenas das diferentes aulas pegaron no mural as diferentes noticias; pouco a pouco conformamos un gran "tablón de novas sobre as árbores".


 
Se queres ver a totalidade das imaxes, podes premer no enlace que tes debaixo.

jueves, 10 de marzo de 2011

SEMANA DA PRENSA (I)

Durante toda esta semana, se celebra a SEMANA DA PRENSA 2011.
Durante varias semanas, levamos traballando e recopilando nas aulas noticias relacionadas co tema central deste ano: OS BOSQUES.
Así, moitas son as novas e as imaxes que atopamos na prensa e coas que mañá realizaremos unha interesante actividade... estade moi atent@s ao noso blogue porque así ao día "dos nosos pasos".
...pero, mentres non chega o día de maña, queremos compartir con todos os nosos usuarios e usuarias, as "Semana da prensa" pasadas; aquí vos amosamos as actividades realizadas durante estes dous últimos cursos escolares.

CURSO 2009/2010


Este curso, os nenos e nenas do Ceip. Ría de Vigo decidimos enviar unha carta ás diferentes embaixadas dos países do mundo solicitando a súa colaboración; o obxectivo era que enviaran á nosa escola os diferentes xornais presentes neses países para poder realizar unha exposición con eles e descubrir as súas características, os distintos idiomas, formatos,... aproveitamos para dar as GRAZAS a todas as embaixadas que colaboraron con nós.

CURSO 2008/2009
 Durante o curso 2008/2009 elaboramos entre todo o alumnado do cole un xornal. Aquí vos deixamos as imaxes do mesmo: