Durante toda esta semana, se celebra a SEMANA DA PRENSA 2011.
Durante varias semanas, levamos traballando e recopilando nas aulas noticias relacionadas co tema central deste ano: OS BOSQUES.
Así, moitas son as novas e as imaxes que atopamos na prensa e coas que mañá realizaremos unha interesante actividade... estade moi atent@s ao noso blogue porque así ao día "dos nosos pasos".
...pero, mentres non chega o día de maña, queremos compartir con todos os nosos usuarios e usuarias, as "Semana da prensa" pasadas; aquí vos amosamos as actividades realizadas durante estes dous últimos cursos escolares.
CURSO 2009/2010
Este curso, os nenos e nenas do Ceip. Ría de Vigo decidimos enviar unha carta ás diferentes embaixadas dos países do mundo solicitando a súa colaboración; o obxectivo era que enviaran á nosa escola os diferentes xornais presentes neses países para poder realizar unha exposición con eles e descubrir as súas características, os distintos idiomas, formatos,... aproveitamos para dar as GRAZAS a todas as embaixadas que colaboraron con nós.
Durante o curso 2008/2009 elaboramos entre todo o alumnado do cole un xornal. Aquí vos deixamos as imaxes do mesmo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario