Hoxe, 4 de marzo de 2011, celebramos a Festa de Entroido no noso colexio.
Como ben sabedes, o noso trasno Landro foi dando as ordes durante toda a semana e nos indicou que tiñamos que traer á escola cada día; para hoxe venres, a orde dicía que tiñamos que vir como queiramos e así o fixemos.
Foi unha xornada moi divertida!!! Puidemos disfrutar dos nosos compañeiros e compañeiras así como degustar un saboroso chocolate grazas ás cociñeiras do cole.
O protagonista destas Festas Entroido podemos dicir sen dúbida algunha que foi o noso Landro, o trasno que anda a argallar as actividades da BiblioRía xunto con Gaspar.
Hoxe, os nenos e nenas de 6º curso deron lectura ao xuízo do meco... non sen antes escoitar o testamento de Landro...
Testamento do Meco
Eu, que non son nada pailán, ben o sei,
nomearonme Meco e á fogueira irei.
Tendo en conta o pouco tempo que falta,
deixo en testamento o que a continuación se relata.
Os nenos e nenas de 6º fixeron un calendario,
nel fan un compromiso de respecto polo lugar onde vivo a diario
Como trasno que son do monte de Saiáns e San Miguel,
déixovolos a vós, os nenos e nenas do Ría de Vigo, para que disfrutedes moito del.
Tiña pensado transplantar os carballos do Horto Escolar,
non me vai dar tempo, polo tanto buscade onde facelo noutro lugar.
No meu trono, unha papeleira fai de pedestal
partires de agora, sempre que vaiades ao monte, levádea convosco e facede dela un uso
responsable e normal.
Tiña no monte moitas plantas silvestres que plantar,
plantádeas vós xa que moitos animais con elas se poden alimentar.
Para casos de incendio, déixovos un extintor,
xa se sabe o que pasa no monte os días de moita calor.
Deixovos, en definitiva, uns montes cheos de vida…. auga, animais, árbores, plantas… Para vós son!
Amádeos, respectádeos… disfrutade de montes e bosques con toda ilusión.
Por último, lembrade! Baixei do monte ao voso cole sabedor de que na vosa
BiblioRía os bosques estabades traballar.
A miña intención era axudar.
Irei ao lume pero sabede que,
como trasno que son, en calquera momento podo voltar.
Recibide unha aperta como quen acariña un libro,
con sabor a landras e recendo ao ar do mar.
Xuizo do Meco
Unha vez escoitado o testamento con moita atención,
nós, alumnado e profesorado do colexio, chegamos á seguinte conclusión:
Sorprendeunos de bo grado que faga unha alusión ao noso calendario,
debe ser porque lle gusta saber o que facemos na escola a diario.
Postos a pensar con detenemento chegamos á conclusión
que contra el, non podemos probar ningunha acusación.
Máis ben todo o contrario:
Agradecer todo o que leva feito polos nosos montes en solitario.
Queremos seguir disfrutando da súa grata compaña e emoción,
razón que nos leva a que, sen ningunha dúbida, declaremos a súa absolución.
LONGA VIDA A LANDRO, O NOSO MECO!!!
VIVA O ENTROIDO!!!!
Xa podedes acceder a toda a información sobre esta xornada dende a nosa páxina web. Aquí vos deixamos as ligazóns; premede en cada unha delas para ver o resumo da Festa ou as Imaxes... ATA A PRÓXIMA!!!
- Resumo da Festa de Entroido:
- Imaxes da Festa de Entroido:
No hay comentarios:
Publicar un comentario