Esta mañá, recibimos a visita do contacontos Servando que nos trouxo "Vicentiño e as árbores da paz".
Grazas á música, o bardo Abelardo conseguiu traducir á linguaxe dos humanos os sentimentos dos seres que moran nos bosques, nos ríos e nos mares. Coñecimos a historia dun paxaro que descobre que nas pólas das árbores aniña a palabra PAZ, a dun carballo que naceu na bota dun soldado, a dun trasno que vai deitando lixo pola mata...
Pasámolo moi ben e aquí vos deixamos unha presentación de imaxes... agardamos que vos guste...
Este ano, para celebrar o Día das Letras Galegas, decidimos traballar con autores homenaxeados noutras ocasións así como co protagonista deste ano, Lois Pereiro.
Ao longo de todo o porche do colexio, colocamos as diferentes láminas que recollen momentos da súa vida así como os traballos que cada unha das aulas elaboraron para facer unha pequena mostra.
Os nenos e nenas de 3 anos, estiveron a traballar a figura de Rosalía de Castro.
Por outra banda, os nenos e nenas de 4 e 5 anos traballaron a Uxío Novoneyra e Xosé María Álvarez Blázquez respectivamente.
O alumnado de 1º e 2ºA de primaria traballaron con Lois Pereiro.
Manuel María foi o protagonista na aula de 2ºB; os nenos e nenas da aula traballaron a poesía titulada "Galicia" e fixeron un mosaico con palabras que definen a nosa comunidade.
Lois Pereiro tamén foi o escollido polo alumnado de 3º de Primaria.
"Soños na gaiola", de Manuel María, foi a poesía elixida polos nenos e nenas de 4º de Primaria.
5º de Primaria traballou cos Homenaxeados no século XX e fixo este mural.
E, por último, os nenos e nenas de 6º de Primaria traballaron a Vida e contexto de Lois Pereiro.
Hoxe, 17 de Maio de 2011, celebramos o Día das Letras Galegas cun protagonista: LOIS PEREIRO.
Se queredes acceder a toda a información que temos recollida neste blogue, preme na imaxe do autor que aparece abaixo.
Por outro lado, queremos compartir con todos un vídeo elaborado polos nosos compañeiros da Biblioteca "Saturnino Hermida" do IES. CONCEPCIÓN ARENAL (Ferrol) sobre a figura de Lois Pereiro... GRACIAS compañeir@s.
A CDEDLG de Vigo e bisbarra pon á vosa disposición un novo blogue dentro do apartado "Dinamizacdedlg" adicado á figura de Lois Pereiro. Aí podedes atopar enlaces de interese, información variada, videos e outros sobre o autor homenaxeado este ano no "Día das Letras Galegas".
(preme na imaxe ou no enderezo para acceder a este espazo web)
E xa como remate final deste mes do libro, hoxe recibimos a visita do contacontos BENXAMÍN MÍGUEZ, que nos deleitou a pequenos e maiores con diferentes historias para cada nivel repartidas en catro sesións.
Na primeira sesión ,os nenos e nenas de 5 anos e 1º ciclodisfrutaron un montón concontos personalizados sobre monstruos e ratos á vez que facía as ilustraciónse todos quedaron cunha boísima sensación.
Tamén o alumnado do 2º ciclo, desfrutou da visita de Benxamín Míguez, que, xogando cos personaxes do conto de Paula Carballeira "Correo urxente", fíxolles pasar un rato agradable, demostrando, unha vez máis, o divertido que é ler e compartir lecturas cos compañeiros.
Co alumnado do 3º ciclo realizou actividades interactivas referentes ao libro que tiñan lido de Maite Carranza, “Queres se-lo mozo da miña irmá?” co que pasaron un rato moi divertido mentras recordaban as diferentes escenas do conto.
E por último os nenos e nenas de 3 e 4 anos tamén o pasaron moi ben con Benxamín, que llescontou unhas historias tan personalizadas que lles fixeron aflorar os sentimentos pasando da sorpresa a alegría ou do medo á risa sen parar.
Gracias Benxamín, por esta mañán tan ben aproveitada por todo o cole na BiblioRía.
Este ano o Premio Cervantes entregase o día 27 de Abril do 2011, por coincidir o 23, Día do Libro, na Semana Santa.
E a gañadora deste ano é . . .
Norabóa!Xa era hora dese recoñecemento a tan longa traxectoria!
Cando eu era unha cativa de 10 anos e tiña un aburridísimo libro de texto de lingua e literatura en branco e negro, sen apenas ilustracións, a única vía de escape eran os contos cos que comezaba cada tema. Sempre tiven un recordo especial para un que espertou en min unha gran tenrura cara unha nena descoñecida, que non tiña xoguetes, excepto aquela bonequiña feita cunha espiga de millo. Era un conto de Ana Mª Matute.
Ao longo dos anossempre tiven presente a esta autora que, con apenas media páxina de lectura, foi quen de espertar en min tantos sentimentos a tan tenra idade.
Cando vin nas librerías a recopilación de contos “La puerta de la luna”, editada por Destino, non me resistín e merqueino ao momento.
Outra vez me atopei cunha chea de texto sen debuxos que fan voar a imaxinación, cun realismo tal que che fai ver as historias como si estivesen proxectadas nunha pantalla.
Como di Mª Paz Orduño na presentación do libro, “Ana Mª está dotada para conmover, para excitar los sentimientos más adormecidos, siempre con la más exquisita sensibilidad. . .de la más terrible tragedia puede extraer una situación cómica, . . . algunas se abren con un delicado lirismo y acaban en el realismo más cruel, como para sacudir al lector y preguntarle si se había creído que la vida era tan hermosa”.
O que votei en falta na recopilación foi a historia da nena que tiña unha boneca de espiga de millo. Espero que a recuperen en próximas edicións.
Felicidades, ANA Mª MATUTE, por tan merecidísimo premio!
(preme no nome da escritora e accede á información relativa á mesma)
* Diferentes xornais recollen a noticia. Podes ler algúns dos artigos, premendo nos apartados de noticias que aparecen debaixo.
O pasado luns, 25 de abril de 2011, finou o poeta chileno Gonzalo Rojas, un home que non parou nin un minuto nas súas nove largas décadas de vida.
Nado en Lebu, unha pequena cidade do Chile meridional -pesqueira e minera; "con mucho mito", acostumaba a dicir o poeta.
O futuro poeta, ingresou no internado dos xesuítas alemáns de Concepción antes de cumprir os 10 anos. Foi a primeira das moitas viaxes dun autor que acumulou máis kilómetros nas súas pernas que versos nos seus libros.
Todos estes versos quedaron reunidos en 2000 no volume Metamorfosis de lo mismo (Visor), un título que explica ben a forma de traballar dun autor; a súa poesía foi calificada pola crítica de "larvaria". Así, moitos dos seus libros son unha reescritura ampliada de poemarios anteriores. "Soy un inconcluso", dixo nunha entrevista meses antes de gañar o Cervantes.
EN ABRIL, LIBROS MIL! Despois duns días de descanso polas vacacións, volve a actividade áBiblioRía.Seguimos coas celebracións do mes do libro, xa a piques de rematar, e invitamos a toda a Comunidade Educativa a visitar a mostra: “OS LIBROS DAS NOSAS ÁRBORES”, confeccionados coas aportacións que o alumnado elaborou coa súa familia. Non volo perdades!!! Pasade e lede!!!
3 ANOS-4º Educación Infantil
4 ANOS-5º Educación Infantil
5 ANOS-6º Educación Infantil
1º Educación Primaria
2º A Educación Primaria
2ºB Educación Primaria
3º Educación Primaria
4º Educación Primaria
5º Educación Primaria
6º Educación Primaria
Gaspar tamén nos está agardando con sorpresas!!! OS préstamos desta semana teñen premio: un marcapáxinas e unha rosa . . . de piruleta!!!FELIZ DÍA DO LIBRO E . . . DOCES LECTURAS!!!