martes, 26 de febrero de 2013

24 de febreiro. Día de Rosalía de Castro

24 DE FEBREIRO, DÍA DE  ROSALÍA

        
        O venres, día 24 de febreiro, fixémoslle unha homenaxe a nosa poetisa galega ROSALÍA DE CASTRO dende a BiblioRía, en coordinación co Equipo de Dinamización Lingüística.

        Na BiblioRía, Tintín, Milú e máis Gaspar estiveron á procura dun poema axeitado para recitar ese día e, finalmente, elixiron o poema " PRA A HABANA" , xa que trata dunha viaxe que un mozo ía facer, e como este ano estamos a coñecer tantos países e facer tantas viaxes coas aventuras de Tintín, pensaron que a nós tamén nos gustaría. Este poema pertence ó  libro " Follas Novas". Por certo, neste ano cúmprese o 150 aniversario da publicación doutro dos seus libros titulado " Cantares gallegos", o día 17 de maio.

        Cada curso recitou unha estrofa, comenzando polos nenos/as de Educación Infantil de 3 anos e rematando polos nenos/as de 6º curso de Primaria.

       Despois os nenos/as do 4º curso prepararon o poema " ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES", co acompañamento musical feito polos propios alumnos/as e dirixido polo profesor de música do colexio.

      Asemade, na BibliorÍa, como todos os anos por estas datas, tivemos unha exposición dos poemas e libros de Rosalía.

Se queredes ver as fotos, premede no enlace.

sábado, 23 de febrero de 2013

Aprende a buscar na rede

Unha presentación clara e concisa, froito dun traballo colaborativo de Olga Rodríguez e Charo Sánchez-Gabriel, que axudará ao noso alumnado a non perderse ao navegar por internet. Agradecemos a estas dúas compañeiras a súa dedicación e xenerosidade.

domingo, 17 de febrero de 2013

Celebramos o Entroido

ENTROIDO NO RIA

O venres, día 15, celebramos no colexio o ENTROIDO.

                 Este curso, como todos/as sabedes, o proxecto que estamos a desenvolver dende a BiblioRía, titúlase " LENDO O MUNDO CON TINTÍN".

                 Deste xeito, no entroido, decidimos acompañar a Tintín nos seus viaxes polos distintos países.

                Os nenos/as de 3º,4º e 5º de Educación Infantil viaxaron polo Congo.
                Os nenos/as de 1º e 2º cursos viaxaron a Lúa.

                Os nenos/as de 3º curso descubriron o mundo dos faraóns, viaxando polo Egipto.

                Os nenos/as de 4º curso coñeceron a cultura China.

                Os nenos/as de 5º curso volaron cara a Sydney e

                os nenos/as de 6º curso meditaron no Tibet.

                Ademais de ter un Tintín en cada aula, tivemos uns cantos Capitáns HADDOCK e un profesor Tornasol.
               
                Todos os nenos/as desfilaron pola pasarela.

                Colocouse o MECO no patio e , despois de ler o manifesto,  decidimos queimalo, porque este curso o MECO era a INXUSTIZA e todos/as estivemos de acordo en que non a queríamos nas nosas vidas.

                Para rematar a xornada, disfrutamos da gastronomía do entroido, comendo doces típicos destas datas,  feitos polas familias dos nenos/as.

Premede no enlace de abaixo e poderedes ver todas as fotos


jueves, 7 de febrero de 2013

Obradoiro de banda deseñada

OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA

       Hoxe, os nenos/as do 1º e 2º cursos tiveron a sorte de participar na BiblioRía do colexio, nun obradoiro de banda deseñada, dirixido por Manuel Solla, por cortesía da Editorial S.M.

      Os nenos/ as participaron moi activamente, de xeito que se convertíron nos protagonistas dos seus propios comics.

      Foi unha sesión moi divertida!

      Cando rematou o obradoiro, agasallamos a Manuel co marcapáxinas da nosa BiblioRía e  asinou no noso caderno de Bitácora.

miércoles, 30 de enero de 2013

Visita de Abraham Carreiro

O ILUSTRADOR ABRAHAM CARREIRO VISITOU A NOSA BIBLIOTECA


       O Ilustrador Abraham Carreiro  visitou hoxe a nosa BiblioRía.

      Os alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º puideron disfrutar dunha sesión dedicada ó comic.
    
      Estiveron moi atentos ás explicacións que Abraham lles deu sobre o proceso de elaboración dun comic.

        Como este curso o Proxecto da BiblioRía titúlase "Lendo o mundo con Tintín"; as explicacións dadas por Abraham serviránnos para facer máis actividades relacionadas co proxecto e mellorar, cos pequenos trucos que nos presentou, a realización dos nosos comics.

      Abraham Carreiro cursou catro anos de estudos en Artes Gráficas na escola Joso de Barcelona e un ano de especialización en ilustración de libros na escola Massana.

     Actualmente traballa como debuxante, ilustrador e deseñador gráfico. Ademais da colección Contos que len outros nenos do mundo e outros traballos, ten publicados: A fortuna de Bartolomeu ; Xanardán e a becha ; Grandes contra pequenos ; O corvo do chapapote ( Ed. A Nosa Terra); Os pequenos Barbanzóns ( Ed. Toxosoutos); a mascota Lepi, para a biblioteca do concello de Ames; a revista dixital de humor gráfico "kkrak rebélase o galiñeiro”; debuxos para o cómic da revista Podem (
www.podem.cat); viñeta mensual para a revista Tempos Novos e a historia de cómic Juppy que Guay premiada na revista do salón de Historias em Quadrinhos de Sao Paulo.


Moitas grazas  pola túa visita Abraham! 

Premede no enlace e poderedes ver todas as fotos.
Visita de Abraham Carreiro on PhotoPeach

lunes, 21 de enero de 2013


FINA CASALDERREY LEVA A SÚA OBRA INFANTIL Á ACADEMIA GALEGA

       
      A escritora galega ( nacida en Xeve, Pontevedra,1959), foi elexida membro da Real Academia Galega; de este xeito pasa a ser a  quinta muller no plenario da RAG. 

      A nova académica impúsose á poetisa Chus Pato, e ocupará a vacante deixada por Xaime Isla Couto, tralo seu falecemento o ano pasado.

     Pasarán  catro meses ata que tome posesión do novo cargo e xa aventura que no seu discurso de ingreso vai tratar o tema da Literatura Infantil e Xuvenil , e a importancia que teñen os mestres/as neste xénero.

     A  Literatura Infantil e Xuvenil,  centra a maior parte da súa produción literaria, con títulos como: " Mutacións xenéticas", " Chamizo" , " O misterio dos fillos da lúa", " O estanque dos parrulos pobres " " ¿ Quén me quere adoptar?"....e unha longa lista de títulos.Parte desta obra foi traducida a varios idiomas. 

       NORABOA FINA!


Premede no enlace de abaixo se queredes ver a noticia completa.

http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2013/01/19/fina-casalderrey-sera-quinta-muller-ingresar-na-real-academia-galega/743282.html

jueves, 17 de enero de 2013

Felicidades Tintín!!!


CUMPREANOS DE TINTÍN

      O día 10 de xaneiro foi o cumpleanos de Tintín, a personaxe creada por  Georges Remí fai 84 anos e que, neste curso, é o protagonista nas nosas aulas.

      Se queredes ter máis información premede no enlace de abaixo.

http://www.intereconomia.com/noticias-gaceta/cultura/cumpleanos-tintin-20130110