viernes, 24 de abril de 2015

VISITA DA ESCRITORA PAULA CARBALLEIRA

Hoxe, 24 de abril visitounos, de novo na BiblioRía, a escritora Paula Carballeira, por cortesía da editorial Edelvives.
Falou aos nenos/as de 3º e 4º cursos do libro que  están a ler titulado
 " Casas" e contoulles unha historia de medo.
Rematou a sesión asinando os libros e no Libro de Bitácora  e recibindo  o agasallo da biblioteca, que este ano é un chaveiro artesanal.
Aquí tedes as fotos!

jueves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO


 Hoxe, 23 de abril, celebramos O DÍA DO LIBRO.
En primeiro lugar, no ximnasio, algúns dos nenos/as de 6º curso, encargados/as da BiblioRía, presentaron o acto para celebrar este día tan especial.
A actividade dividiuse en dúas partes: 
Unha para falar da importancia da lectura e disfrutar cun vídeo  que nos transportou a un lugar máxico e cunha poesía que nos lembrou  cousas que podemos atopar na lectura.
Noutra parte falouse do libro " El Quijote". Recitaron algúns parágrafos e  lembraron algunhas das citas máis célebres desta obra; sobre todo  unha das que máis teñen que ver coa lectura:
  " El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho". 
Por último, puxemos un vídeo dun dos fragmentos da obra máis coñecido: 
"A batalla cos molinos".
A continuación, cada curso foi saíndo ao patio e colocándose no lugar correspondente para facer as lecturas dos padriños e madriñas aos afillados e afilladas e compartir uns marabillosos marcapáxinas, feitos por eles.
 Dende o equipo de Biblioteca agasallamos aos nenos/as  cunha gominola de Gaspar e outra gominola de flor.
  A xornada foi un éxito! Os nenos/as disfrutaron moito das lecturas.
Aquí tedes a reportaxe gráfica!!

martes, 21 de abril de 2015

CONTACONTOS DA COMPAÑÍA "PINGA TEATRO"

Hoxe, 21 de abril, tivemos a sorte de contar cun contacontos moi especial, por cortesía da editorial Hércules.
María e Miguel, da compañía " Pinga teatro" fixeron unha animación do conto que estiveron a ler os nenos/as de 1º e 2º cursos titulado:
 " A nai da nai da miña mamá".
Fixeron unhas actividades moi entretidas e participativas; de xeito que cando rematou a sesión os nenos/as non querían que se foran e eles moi amablemente alongaron a sesión con dúas cancións máis.
 Disfrutaron moitísimo!!!
Por último, asinaron no noso libro e os nenos/as agasalláronlles co chaveiro da biblioría, que lles gustou moito.
Esperamos que volvan pronto!!  
Aquí tedes, coma sempre, a reportaxe gráfica!




VISITA DO CONTACONTOS MANUEL SOLLA

O luns, día 20 de abril, tivemos, de novo no colexio, o contacontos Manuel Solla, por cortesía da editorial S.M.
Todos os nenos/as do colexio asistiron en diferentes quendas as sesións que se programaron dende o equipo de Biblioteca.
Fixeron varias actividades sobre os libros que están a ler: interpretaron e identificaron esceas dos libros por grupos, convertíronse nos  seus personaxes favoritos....etc.
Por último, asinou no noso libro e os nenos/as agasalláronlle co chaveiro da BiblioRía 

 Aquí tedes as fotos!

lunes, 20 de abril de 2015

VISITA DO ESCRITOR PEPE MAESTRO

 O venres, día 17 de abril, visitou a BiblioRía o escritor PEPE MAESTRO, por cortesía da editorial Edelvives, para falar aos nenos/as de 1º e 2º cursos do libro que están a ler, titulado "CHISMORREO".
Jose Luis Maestro sarrión naceu en Cádiz e despois de licenciarse en Filoloxía Hispánica, fixo varios cursos de especialización en Literatura infantil e Xuvenil.
Como escritor publicou obras como " El circo de Baltasar", " Una pluma de cuervo blanco"....
A súa pasión polo teatro levoulle a fundar a compañía de títeres Cataplof, representando obras en numerosas plazas e teatros. 
Como docente impartíu numerosos cursos, obradoiros e conferencias relacionadas co fomento da lectura e o valor dos contos.
Contoulles moitas historias e os nenos/as estiveron moi atentos e entretidos.
 Foi unha sesión moi divertida!!!
Asinou todos os libros e tamén asinou no Libro de Bitácora da biblioteca.
Por último, agasallamoslle co noso chavero da BiblioRía.

viernes, 17 de abril de 2015

VISITA DOS PADRIÑOS E MADRIÑAS AOS AFILLADOS E AFILLADAS

 O venres, día 10, os padriños e as madriñas foron visitar aos seus  afillados e  afilladas.
Os nenos/as de 3 anos coñeceron aos seus padriños e madriñas.
Foi unha xornada moi especial!!
Agora os padriños e madriñas terán toda esta semana para elexir o libro que van ler o día 23  aos seus afillados e afilladas.
Non vos perdades as fotos!

martes, 24 de marzo de 2015

DÍA DA POESÍA

Como o día da poesía foi o 21 de marzo, sábado, no colexio celebrámolo o luns  día 23.
Distribuímos a todos os nenos/as en dous grupos: Por unha banda actuaron os nenos/as de Infantil, 1º e 2º cursos e, por outra banda, os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º.
A maioría das poesías estiveron relacionadas co proxecto que estamos a traballar durante todo o curso: " lendo coa arte que nos rodea".
Comezamos presentando o festival cunha lectura de cinco motivos polos cales podemos ler poesía.
A continuación empezamos co recital.
Os nenos/as de Infantil de 3 anos recitaron a poesía titulada " Hace miles de años". Os nenos/as de 4 anos :" Soy en hombre Cromañón" e os maiores de Infantil : "Aquí nos quedamos".
Despois pasaron a recitar os nenos/as do 1º curso as poesías: " Os castros Saians" e " Castros do meu corazón".
Por último, os alumnos de 2º recitaron tres poemas: " La invasión romana", "Os romanos" e " Romanos na Ría de Vigo".
A segunda parte do recital protagonizárona no primeiro lugar os nenos/as de 3º curso coa poesía: "Romance das tres princesas".
 En segundo lugar recitaron os nenos/as de 4º curso a poesía titulada
 " O hórreo". Despois os alumnos/as de 5º curso recitaron  " Poesías de Vigo". 
Por último, os maiores do colexio recitaron  unha serie de poesías de tres das esculturas de Vigo feitas por eles en plastilina, que nos mostraron a todos/as.
Para rematar agasallamos aos nenos/as e mestres/as co marcapáxinas da foto , feito polo equipo de Biblioteca, no que por un lado aparece a escultura que temos en Vigo dedicada aos poetas e trovadores que escribiron en galego "A fada e o dragón", situada no paseo de Alfonso XII, e por outro lado,  unha poesía de Martín Codax que fala de Vigo, titulada " Ondas do mar de Vigo".
Como, por falta de tempo, non puideron recitar todas as poesías que tiñan preparadas, propuxémoslles aos nenos/as facer dende a biblioteca unha recopilación de todas a poesías, encuadernalas e poñelas no andel 
" Feito por nós", para que todos/as podamos ler en calquera momento estas preciosas poesías.
O recital rematou  aplaudindo e dando as grazas dende a Biblioteca aos nenos/as e mestres/as pola participación neste precioso acto.
Como sempre, aquí tedes a reportaxe gráfica

jueves, 19 de marzo de 2015

VISITA Ó CASTRO DE VIGO DOS NENOS/AS DE 5º ANOS E 1º CURSO

O día  18 de marzo os nenos/as de 5 anos e de 1º de Primaria visitaron
 "O CASTRO DE VIGO".
Como xa sabedes, no proxecto que estamos a desenvolver neste curso, os nenos/as de infantil e 1º curso de Primaria  están a traballar a prehistoria e a cultura castrexa; deste xeito con esta visita, axudados pola  arqueóloga encargada dos castros, puideron ver cómo vivían nesa época e aprender cousas novas.
Os nenos/as portáronse moi ben e fixeron moitas preguntas, polo que aprenderon moito!
 Aquí tedes as fotos!

viernes, 13 de marzo de 2015

SEMANA DA PRENSA E DA MULLER TRABALLADORA

 














Esta semana celebramos no colexio 
" A SEMANA DA PRENSA E DA MULLER TRABALLADORA".
Para celebrar a Semana da prensa, cada neno/a trouxo unha nova sobre o tema que estamos a traballar neste curso. Houbo novas de escultura, arquitectura, restos arqueolóxicos.... e de todas as etapas históricas. Despois de traballalas na aula, foron baixando ao porche e pegando algunhas no mural da prensa.

Quedou precioso e os alumnos/as aprenderon moitas cousas, que era do que se trataba.

















Con motivo do DÍA DA MULLER TRABALLADORA, os nenos/as maiores investigaron sobre as mulleres na escultura e arquitectura e atoparon moitas cousas interesantes. Descubriron tamén que en Vigo temos unha esculura dedicada a muller traballadora. 
Dende a Biblioteca temos que agradecer a colaboración dos pais nesta e en todas as tarefas que propoñemos dende a BiblioRía.
Aquí tedes as fotos das dúas actividades

martes, 3 de marzo de 2015

VISITA DE FINA CASALDERREY

O día 2 de marzo visitounos a gran escritora Fina Casalderrey, por cortesía da editorial Xerais.
Os nenos e neas de 5º e 6º cursos están a ler dous dos seus libros:  " O misterio do faro vello" e "A historia da bicicleta dun home lagarto".
Contounos moitas cousas interesantes e fixo participar e divertirse moito aos nenos/as coa facilidade que lle caracteriza para achegarse a eles.
Asinou todos os libros dos nenos/as e tamén asinou no libro do colexio.  Por ultimo, agasallámoslle co chavero da Biblioría.
Moitas grazas Fina!!
Aquí tedes algúns datos da súa vida persoal e profesional e abaixo a reportaxe gráfica correspondente.
Nada en Xeve (Pontevedra) o 11 de agosto de 1951, é unha escritora, profesora de educación secundaria, etnógrafa vocacional, gastrónoma, conferenciante e periodista galega.

Exerceu como mestra dende os dezanove anos, xubilouse no 2010 como profesora de ensino secundario. Foi no ensino onde comezou a crear e dirixir pezas teatrais representadas polo seu alumnado, algunhas recollidas en Edicións Xerais.
ha das súas inquedanzas é a investigación etnográfica, onde gañou concursos diversos premios co seu alumnado. Outra inquietude é a gastronomía, e así publicou, xunto con Mariano García, O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia.

Colabora na prensa, revistas, congresos, xurados, pregóns, charlas-coloquio, mesas redondas... sobre literatura, gastronomía, entre outros temas.

En 1991 deuse a coñecer no mundo das publicacións coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. No ano 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa novela O misterio dos fillos de Lúa. A maior parte da súa obra está traducida ás linguas peninsulares, isto é, ao catalán, éuscaro, asturiano, aragonés, castelán e portugués.

En 2013 foi elixida membro da Real Academia Galega, ocupando a vacante deixada por Xaime Illa Couto.