Onte, xoves 31 de marzo, os nenos e nenas de 4º de Primaria nos contaron o conto titulado "O ladrón de galiñas", de Béatrice Rodríguez, editado por "Libros del Zorro Rojo"
O alumnado asistente foi o de 3º, 5º e 6º de Primaria.
Este conto ilustrado, sen texto, que atoparon na BiblioRía do cole, deulles pé para escribilo entre todos os alumnos e alumnas da aula, xunto coa súa mestra Marina.
Utilizando as novas tecnoloxías instaladas na aula o foron deseñando e, posteriormente, o presentaron colocando as láminas da historia no KAMISHIBAI, rendendo así unha pequena homenaxe a Xapón, xa que este "aparello" é un tetro tradicional xaponés que se usa para contar historias aos nenos e nenas.
Kamishibai, en xaponés, quere dicir "teatro de papel". Esta forma de contar contos é moi peculiar nese país, e forma parte dunha tradición milenaria para espertar a imaxinación e a fantasía dos nenos e nenas.
Tamén, nós pretendemos espertar a imaxinación, a fantasía e o hábito lector con estas actividades coas que agardamos disfrutaran actores, espectadores e, agora, todos os usuarios e usuarias deste blogue.
Aquí vos deixamos as imaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario