Xa estamos no mes máis lector do ano, e confeso que estou moi preocupado por tanta actividade que se aveciña na nosa BiblioRía, por si aínda hai alguén despistado quérovos lembrar que pasa en abril para que sexa o mes do libro.
Pois como vos dicía, estade atentos e atentas a este blogue xa que se aveciñan unha chea de actividades para todos e todas na nosa biblioteca. aquí vos deixamos un adianto...
Ø Visita do Ilustrador ABRAHAM CARREIRO, o día 11
Ø Visita da Escritora ALICIA BORRÁS, o día 14
Ø Visita do Contacontos BENJAMÍN NOVOA, o día 29
Ø Exposición dos LIBROS DAS NOSAS ÁRBORES, a partir do día 26
Como vos podedes imaxinar Landro e máis eu non paramos, e axudamos o mellor que podemos ao Equipo de Biblioteca para que todo saia ben.
Lembrade que na Biblioteca vos agardan as mellores aventuras e se agochan os Tesouros dos Bosques máis marabillosos que vos poidades imaxinar.
Agardamos a vosa visita e desexamos que teñades un mes de abril moi bibliotequeiro. Moitos biquiños e felices lecturas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario