jueves, 27 de octubre de 2011

Marcapáxinas para o Samaín

"Buceando" pola rede, atopamos estas dúas páxinas que queremos compartir con todos os que nos visitan e coas que poderemos crear marcapáxinas "monstruosos" para celebrar o Samaín.

As páxinas son as seguintes...



...e a referencia ao Samaín e aos marcapáxinas a poderedes atopar nas seguintes ligazóns:
http://www.doslourdes.net/ recolle cantidade de información sobre o Halloween neste enlace http://www.doslourdes.net/HALindex.htm
e os marcapáxinas nos seguintes:




Por outro lado, dende http://lapiceromagico.blogspot.com/ nos propoñen uns marcapáxinas monstruosos que poderedes ver como se deseñan dende esta ligazón: http://lapiceromagico.blogspot.com/2011/10/marcapaginas-monstruosos.html

miércoles, 26 de octubre de 2011

Recursos para traballar o Samaín

O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconvertíu no Día de Todos os Santos. Esta festa levaba unhas década esquecida pero, nos últimos anos, se está a recuperar grazas ao traballo realizado nas escolas e varios concellos de Galicia.
A noite do 31 de Outubro comeza o Ano Novo celta, remata o verán e entra o inverno. Esta noite, as ánimas dos mortos atravesan as portas que separan o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento.
Se queres coñecer máis información sobre o Samaín, podes premer na ligazón que te amosamos e accederás á publicación "Vieiros da Escola".

Por outro lado, grazas ao traballos de moitos mestres e mestras nas diferentes escolas e colexios de Galicia, podemos contar cunha gran recompilación de recursos relativos ao Samaín e que aquí vos deixamos.
GRAZAS a todos os mestres e mestras que adican o seu tempo a facilitar a tarefa dos demais.
Preme nas diferentes ligazóns dos sitios e accederás ao seu contido.

(poderedes atopar unidades didácticas, xogos, recompilación de materiais,...)

(unidade didáctica con actividades)

(recompilación de diferentes recursos para traballar o Samaín)

(Recursos para o Samaín)

KARAOKE ELABORADO POLA BIBLIOTECA DO CEIP. MESTRES GOLDAR

Tempo de Samaín

Como todos os anos por estas datas chega o Samaín. Historias de medo, lendas e cabazas son as protagonistas desta celebración de orixe celta.
Para xogar e divertirnos, imos lembras as dúas actividades LIM realizadas durante o curso pasado e coas que poderedes traballar vocabulario sobre o tema.

(podes xogar en pantalla completa, premendo no botón superior de dereita con forma de cadro)
Libro colaborativo LIM sobre o Samaín

Carta de Gaspar no mes de outubro

Ola nenos e nenas!
 Xa estou no camiño de volta ao cole, aínda que me atopo un pouco lonxe.
Agora xa non estou nas frías augas do CANADÁ, senón nas augas quentes do CARIBE, por iso decidín pasar aquí uns días disfrutando deste clima: “Que ben se vive, neste Caribe. . . “
Aquí atopeime cuns vellos amigos que viven nun antigo GALEÓN español, afundido fai moitísimo tempo polos PIRATAS.
 Hai moitísimos barcos e moitísimas  illas, e dinme os meus amigos que  nalgunhas destas illas aínda quedan TESOUROS  agochados  dalgúns PIRATAS despistados que perderon o MAPA,  pero eu  non tiven a sorte de atopar ningún tesouro. Aínda que nunca se sabe!
 O que si atopei foi unha chea de   contos e outros libros  moi fermosos  que vos quero levar, a ver si vos gustan! Son historias cheas de aventuras, fantasía e imaxinación, aínda que outras son completamente reais, e en todas elas estou a aprender unha morea de cousas que ignoraba das embarcacións coas que me cruzo a diario navegando polos sete mares.
Coidade da BiblioRía, aí tamén se atopan agochados unha chea de TESOUROS.
Pois ben, vémonos na BiblioRía o venres 28 de Outubro e faremos unha gran festa para celebrar este encontro. Teño moitas gañas de vervos, aínda que sinto mágoa de deixar de xogar entre tantos BARCOS como aquí hai.
Fágovos unha proposta: Decorade os corredores con barcos que vos gusten e así tamén vos sentiredes a aventura de navegar polos sete mares, e eu seguirei navegando entre lectura e lectura, facendo nosa a frase de Arturo Pérez-Reverte “Suban a bordo, lean e naveguen”.
Ate pronto. Bicos.

GASPAR
Outubro 2011

domingo, 16 de octubre de 2011

Premios Planeta 2011

         O sábado á noite, o escritor madrileño JAVIER MORO gañou  o PREMIO PLANETA coa obra " EL IMPERIO ERES TÚ"; unha novela de historia e aventuras sobre a vida do emperador independentista Pedro I ,emperador portugués responsable da independencia de Brasil, que cambiou a historia de dous continentes, América e Europa, durante a primeira metade do século XIX.

        A escritora extremeña INMA CHACÓN, irmá da desaparecida Dulce Chacón, quedou finalista coa obra  " ELTIEMPO DE ARENA" ; unha historia de tres mulleres que loitan polos dereitos que naquel momento non tiñan.

          

Vídeo da entrega dos PREMIOS PLANETA:
http://www.abc.es/videos-cultura/20111016/javier-moro-gana-premio-1221553098001.html

miércoles, 12 de octubre de 2011

12 de outubro: Día da Hispanidade

Hoxe, mércores 12 de Outubro, se celebra o Día da Hispanidade no que se conmemora o Descubrimento de América por parte de Colón.
Aquí vos deixamos con esta divertida canción para celebralo; agardamos que vos guste.


domingo, 9 de octubre de 2011

A importancia das bibliotecas familiares

       
A IMPORTANCIA DAS BIBLIOTECAS FAMILIARES


        Os nenos que viven nunha casa onde hai moitos libros, teñen máis posibilidades de desenrolar o gusto pola lectura.

         Un neno que le, activa a súa mente, posibilitando a capacidade de pensar; polo tanto a lectura convértese nunha  ferramenta extraordinaria de traballo intelectual, xa que poñe en acción as funcións mentais, axilizando a intelixencia. Todo isto fai que mellore o seu rendemento escolar e, polo tanto, o seu futuro.

        Hai familias que non teñen posibilidades económicas para ter unha biblioteca na súa casa; pero si teñen unha biblioteca na escola, no barrio e no concello,  onde sempre poden atopar un libro especial para cadaquén.

        Hai que  lembrar sempre que  máis  importante aínda que ter unha biblioteca na casa é  non esquecer  que os nenos fan o que ven facer ós pais. Como di o último anuncio publicitario fomentando a lectura dende o Ministerio de Cultura:

 " SE  TI  LES,  ELES  LEN"  

Enlaces relacionados:

 -  Artigo publicado por Joaquín Rodríguez  

http://www.madrimasd.org/blogs/futurosdellibro/2011/09/15/133700

-  Vídeo " Si tu lees, ellos leen"