A IMPORTANCIA DAS BIBLIOTECAS FAMILIARES
Os nenos que viven nunha casa onde hai moitos libros, teñen máis posibilidades de desenrolar o gusto pola lectura.
Un neno que le, activa a súa mente, posibilitando a capacidade de pensar; polo tanto a lectura convértese nunha ferramenta extraordinaria de traballo intelectual, xa que poñe en acción as funcións mentais, axilizando a intelixencia. Todo isto fai que mellore o seu rendemento escolar e, polo tanto, o seu futuro.
Hai familias que non teñen posibilidades económicas para ter unha biblioteca na súa casa; pero si teñen unha biblioteca na escola, no barrio e no concello, onde sempre poden atopar un libro especial para cadaquén.
Hai que lembrar sempre que máis importante aínda que ter unha biblioteca na casa é non esquecer que os nenos fan o que ven facer ós pais. Como di o último anuncio publicitario fomentando a lectura dende o Ministerio de Cultura:
" SE TI LES, ELES LEN"
Enlaces relacionados:
- Artigo publicado por Joaquín Rodríguez
http://www.madrimasd.org/blogs/futurosdellibro/2011/09/15/133700
- Vídeo " Si tu lees, ellos leen"
No hay comentarios:
Publicar un comentario