jueves, 21 de marzo de 2013

DÍA DA POESÍA

" POEMAS DO MUNDO"
Hoxe, mércores, día 21 de marzo, celebramos no colexio o DÍA DA POESÍA. cun recital de poesías, dende Educación Infantil ata 6º curso de primaria.
Neste percorrido que estamos a facer polo mundo con Tintín,  foron coñecendo  e recollendo contos, poemas e cancións que hoxe  recitaron para celebrar este día.
O acto dividiuse en dúas partes:
En Primeiro lugar os máis pequenos do cole: os nenos e nenas de EDUCACIÓN INFANTIL recitaron un  poema africano, da República Democrática do Congo, titulado: “OLELÉ”
En segundo lugar, os nenos e nenas de 2º de Primaria, que andan a facer viaxes pola Lúa con Tintín, recitaron o poema :  “QUISIERA SABER” de  INMACULADA DÍAZ
En terceiro lugar os alumnos e alumnas de 1º de Primaria, que tamén andan pola Lúa cós seus compañeiros de 2º,   recitaron un poema  titulado  “EN UN TROZO DE PAPEL” de ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO.
E  para rematar esta primeira parte, os nenos e nenas de 1º e 3º de Primaria recitaron en INGLÉS: “THE SONG OF THE JELLICLES” “OLD POSSUM´S BOOK OF PRACTICAL   CATS” de  T. S. ELIOT.
 Na segunda parte participaron os nenos/as do 2º, 3º ciclo e 1º de Primaria.
En Primeiro lugar os nenos e nenas de 1º e 3º de Primaria recitaron en INGLÉS: “THE SONG OF THE JELLICLES” “OLD POSSUM´S BOOK OF PRACTICAL   CATS” de  T. S. ELIOT.


En segundo lugar, os nenos e nenas de 4º de Primaria, que andan a facer viaxes pola China con Tintín recitáronnos uns poemas titulados:  “DE CHINA A GALICIA”   feitos por eles mesmos, coa axuda da súa titora.
En terceiro lugar os alumnos e alumnas de 5º de Primaria, que  andan viaxando a Sidney, en Australia con Tintín   recitaráronnos un poema  adicado a un animal que vive alí   “LA FAMILIA CANGURO” de INGRID CHOURIO DE MARTINEZ.
Despois os alumnos de 6º de P. , os maiores do colexio,  recitaron para todos nós un poema que recollía as súas investigacións sobre a viaxe de Tintín ao Tibet, titulado: “EL MIEDO EN lHASA”
Para rematar, a coordinadora de Biblioteca entregou  a cada titor un diploma con cinco motivos para ler poesía.
Por último,  as presentadoras e o presentador do acto, deron as grazas, en nome do equipo de Biblioteca, xunto con Gaspar, a todos e todas por participar, unha vez máis, de este xeito tan fermoso neste RECITAL DE POESÍA.


viernes, 15 de marzo de 2013

 
SEMANA DA PRENSA

       Como xa sabedes, Tintín era un gran reporteiro que non dubidaba en emprender unha viaxe a calquera país do mundo na procura das noticias para o seu xornal.

       Na SEMANA DA PRENSA, do 11 ao 15 de marzo, propuxemos aos nenos/as , dende a BiblioRía, que buscaran na casa noticias, en xornais ou revistas, do país do conto de Tintín que están a ler na súa aula e trouxeran os recortes,  co obxectivo de facer un mural na corcheira do porche.

       Ó longo da semana os alumnos/as foron traendo noticias á aula e colocándoas no mural, na silueta do país que están a traballar en cada aula.

       Unha vez máis, agradecer a colaboración das familias, que axudaron aos seus fillos a buscar información en periódicos, revistas en tamén na web.

Premede no enlace se queredes ver as fotos:


miércoles, 13 de marzo de 2013

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2012-2013


    Os encontros do Plan de mellora de Bibliotecas escolares tiveron lugar os días 7 e 8 de marzo no Palacio de Congresos en Santiago.

A coordinadora da Biblioteca do noso colexio só tivo que asistir o día 8 , posto que para os colexios que levaban xa tempo co PLAMBE, como é o noso caso, os encontros estaban programados só para un día. 

Como todos os anos, contamos con ponentes destacados no panorama internacional da Literatura.

Comezaron cunha conferencia titulada " Novos medios, novas alfabetizacións: Estratrexias e prácticas" da man de Xose Manuel Pérez Tornero".

Despois tiveron unhas mesas de experiencias simultáneas. A coordinadora da Biblioteca asistíu  á titulada: " La palabra vinculada" e outras experiencias de lectura compartida; que resultou moi interesante.

Despois dunha pausa para xantar, iniciáronse os encontros por zonas de responsables de Biblioteca , que consistíu nunha reunión de intercambio de experiencias, reflexión e propostas arredor duns eixos comúns básicos.

Foi unha ocasión estupenda para compartir traballos das distintas bibliotecas; que estiveron expostos nos corredores do Palacio de Congresos

O acto rematou cunha charla, moi interesante, do escritor Agustín Fernández Paz, titulada " A construción do lector".

Rematamos cunha cita, escrita no programa dos encontros, de Ramón Salaberría:

" Cando o labor dunha Biblioteca escolar recae  nun equipo motivado, en profesionais que queren renovar e transformar a pedagoxía, entón os resultados son positivos".


Se queredes ter máis información sobre os encontros premede no seguinte enlace:

 

martes, 12 de marzo de 2013

XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Xa temos aquí unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
O lema deste ano é A TODA MÁQUINA!
Inventar, crear, investigar, soñar, experimentar, construir…proxectar as ideas e facelas realidade no XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2013 de Pontevedra.
Se queredes visitar esta mostra, o poderedes facer dende o 2 ata o 23 de marzo de 2013 no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Aquí vos deixamos o enderezo e a páxina web por se queredes acceder a toda a información: programa de actos, visitas concertadas, actividades de rúa, espectáculos,...

Pazo da Cultura de Pontevedra
Teléfono: 986.83.30.61
Rúa Alexandre Bóveda, s/n. 36005 Pontevedra

sábado, 9 de marzo de 2013

8 de marzo. Día da muller traballadora


DIA DA MULLER

       O venres, día 8 de marzo celebramos no colexio o DÍA DA MULLER.

       En todas as aulas investigaron se no país que están a traballar con Tintín existíu ou existe algunha muller que destacara ou destaque por aportar ao mundo algo importante. Seleccionaron unha entre toda a clase e buscaron fotos, imprimíronllas e fixeron un resumo da súa biografía.

      Os traballos estiveron expostos todo o día no corcho das dúas entradas á biblioteca.

Premede no enlece se queredes ver os traballos

miércoles, 6 de marzo de 2013

As aventuras de Tintín nas nosas aulas



AS AVENTURAS DE TINTÍN NAS NOSAS AULAS


       Como xa sabedes, estamos a traballar as aventuras de Tintín. O proxecto de cada aula segue o seu ritmo. Cada curso elaborou a portada do libro que está traballando a tamaño xigante, expoñéndoa a carón da porta da súa aula.

       Asemade, dende a aula de Inglés, Tintín viaxa por América. Enviouse a mascota de Gaspar xunto con Tintín   a Canadá, ao colegio Bilingüe "Dalhousie School" de Calgary (Alberta), como parte dun proxecto global entre os dous centros, que consiste nun intercambio de mascotas para compartir experiencias en ámbalas dúas linguas ( Inglés e Castelán) entre o alumnado e ademais propiciar situacións comunicativas reais.

       Premede no enlace para ver todas as fotos.