DÍA DA POESÍA
" POEMAS DO MUNDO"
" POEMAS DO MUNDO"
Hoxe, mércores, día 21 de marzo, celebramos no colexio o DÍA DA POESÍA. cun recital de poesías, dende Educación Infantil ata 6º curso de primaria.
Neste percorrido que estamos a facer polo mundo con Tintín, foron coñecendo e recollendo contos, poemas e cancións que hoxe recitaron para celebrar este día.
O acto dividiuse en dúas partes:
En Primeiro lugar os máis pequenos do cole: os nenos e nenas de EDUCACIÓN INFANTIL recitaron un poema africano, da República Democrática do Congo, titulado: “OLELÉ”
En segundo lugar, os nenos e nenas de 2º de Primaria, que andan a facer viaxes pola Lúa con Tintín, recitaron o poema : “QUISIERA SABER” de INMACULADA DÍAZ
En terceiro lugar os alumnos e alumnas de 1º de Primaria, que tamén andan pola Lúa cós seus compañeiros de 2º, recitaron un poema titulado “EN UN TROZO DE PAPEL” de ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO.
E para rematar esta primeira parte, os nenos e nenas de 1º e 3º de Primaria recitaron en INGLÉS: “THE SONG OF THE JELLICLES” “OLD POSSUM´S BOOK OF PRACTICAL CATS” de T. S. ELIOT.
En Primeiro lugar os nenos e nenas de 1º e 3º de Primaria recitaron en INGLÉS: “THE SONG OF THE JELLICLES” “OLD POSSUM´S BOOK OF PRACTICAL CATS” de T. S. ELIOT.
En segundo lugar, os nenos e nenas de 4º de Primaria, que andan a facer viaxes pola China con Tintín recitáronnos uns poemas titulados: “DE CHINA A GALICIA” feitos por eles mesmos, coa axuda da súa titora.
En terceiro lugar os alumnos e alumnas de 5º de Primaria, que andan viaxando a Sidney, en Australia con Tintín recitaráronnos un poema adicado a un animal que vive alí “LA FAMILIA CANGURO” de INGRID CHOURIO DE MARTINEZ.
Despois os alumnos de 6º de P. , os maiores do colexio, recitaron para todos nós un poema que recollía as súas investigacións sobre a viaxe de Tintín ao Tibet, titulado: “EL MIEDO EN lHASA”
Para rematar, a coordinadora de Biblioteca entregou a cada titor un diploma con cinco motivos para ler poesía.
Por último, as presentadoras e o presentador do acto, deron as grazas, en nome do equipo de Biblioteca, xunto con Gaspar, a todos e todas por participar, unha vez máis, de este xeito tan fermoso neste RECITAL DE POESÍA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario