ABRIL: MES DO LIBRO
Ola amiguiños e amiguiñas! Aquí estamos xa no mes do libro.
Xa rematou a Pascua, e de seguro que aínda andades a comer a rosca e os ovos de chocolate que vos regalaron os padriños, non sí?
uhmmmm que ricos.
Dende o equipo de Biblioteca pensamos que vos gustaría ter tamén uns padriños no cole, pero sen agasallar roscas, eh! Escoitade! Imos facervos unha proposta:
Trátase dun xogo que se chama "PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES E LECTORAS".
O xogo consiste en que un neno ou nena dos maiores lle lea un conto a outro neno ou nena máis pequeno. Que vos parece a idea de ser afillados e afilladas lectores?
Ademais desta actividade temos programadas, durante todo o mes de abril, as actividades seguintes:
ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA
DÍA
|
ACTIVIDADE
|
22
|
APADRIÑAMENTO
LECTOR
|
23
|
DÍA DO LIBRO:
“ACHEGÁNDONOS AO “QUIJOTE” DENDE O COMIC ”
|
25
|
PRESENTACIÓN-EXPOSICIÓN
SOBRE TINTÍN POR NACHO PÉREZ
|
26
|
SUSANA LAMELA
EDIT.
TAMBRE/EDELVIVES
|
30
|
FRANCISCO CASTRO
EDIT. GALAXIA
|
Ó longo do mes iremos informando de todas estas actividades.
Aínda que este é un mes especial, lembrade que:
O DÍA DO LIBRO PODE SER TODOS OS DÍAS DO ANO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario