A coordinadora da Biblioteca do noso colexio só tivo que asistir o día 8 , posto que para os colexios que levaban xa tempo co PLAMBE, como é o noso caso, os encontros estaban programados só para un día.
Como todos os anos, contamos con ponentes destacados no panorama internacional da Literatura.
Como todos os anos, contamos con ponentes destacados no panorama internacional da Literatura.
Comezaron cunha conferencia titulada " Novos medios, novas alfabetizacións: Estratrexias e prácticas" da man de Xose Manuel Pérez Tornero".
Despois tiveron unhas mesas de experiencias simultáneas. A coordinadora da Biblioteca asistíu á titulada: " La palabra vinculada" e outras experiencias de lectura compartida; que resultou moi interesante.
Despois dunha pausa para xantar, iniciáronse os encontros por zonas de responsables de Biblioteca , que consistíu nunha reunión de intercambio de experiencias, reflexión e propostas arredor duns eixos comúns básicos.
Foi unha ocasión estupenda para compartir traballos das distintas bibliotecas; que estiveron expostos nos corredores do Palacio de Congresos
Foi unha ocasión estupenda para compartir traballos das distintas bibliotecas; que estiveron expostos nos corredores do Palacio de Congresos
O acto rematou cunha charla, moi interesante, do escritor Agustín Fernández Paz, titulada " A construción do lector".
Rematamos cunha cita, escrita no programa dos encontros, de Ramón Salaberría:
" Cando o labor dunha Biblioteca escolar recae nun equipo motivado, en profesionais que queren renovar e transformar a pedagoxía, entón os resultados son positivos".
Se queredes ter máis información sobre os encontros premede no seguinte enlace:
No hay comentarios:
Publicar un comentario