viernes, 20 de diciembre de 2013

DENDE O EQUIPO DE BIBLIORÍA DESEXÁMOSVOS

FESTIVAL DE NADAL

Estamos a piques de rematar o ano e, como sempre nestas datas, prográmaronse unha serie de actividades para celebrar o NADAL, os días 18, 19 e 20 de decembro.

  O mércores, 18 de decembro foi a festa de Educación Infantil e 1º ciclo, coas seguintes actuacións:

4º Ed. Infantil . " Los pajaritos"
5º Ed. Infantil: "Baile del gorila"
6º Ed. Infantil: "Levantando las manos"
1º Ed. Primaria: "La chica Yeyé"
2º Ed. Primaria: "La Yenka"


O xoves, 19 de decembro, actuaron os nenos/ as do 2º e 3º ciclos.



5º Ed. Primarial: "Guernica: a luz negra"
4º e 6º Ed. Primaria: "Baile do nadal"
3º Ed. Primaria: "O parte"
4º Ed. Primaria: "Chega o nadal"
6º Ed. Primaria: "Jingle bells"

O venres, 20 de decembro, en colaboración coa ANPA, conteremos coa visita de Papá Noel e fixemos unha chocolatada.

Aquí tedes as fotos:

PREMIOS DE LITERATURA E DEBUXO

Nestas últimas datas seguimos a recibir moi boas novas con respecto ao recoñecemento dos traballos presentados por alumnado do centro en diferentes convocatorias de creación literaria.

O día 14 de decembro, unha compañeira de 5º curso, MARÍA LÓPEZ GABIÁN foi recoller o 1º premio do 6º CONCURSO DE RELATOS
“CIENCIA QUE CONTA” convocado pola Universidade de Vigo e a Fundación Barrié de la Maza.  

O xurado dictaminou o seguinte do traballo presentado co título de “Experimento: MorrisII” : “Valorouse neste texto a eficaz sinxeleza con que a voz narradora dunha nena curiosa e interesada polo saber nos conta unha experiencia científica integrada na súa vida cotiá. Deste xeito, algo tan básico como o xerminar dunha faba serve para ilustrar os fundamentos da experiencia científica”. Esta obra estárá colgada en breve na páxina web do colexio.

Tedes que saber que a súa irma, MARTA LÓPEZ GABIÁN, que agora estuda no IES Alexandre Bóveda, gañou un Accésit co relato “A grandeza de Carolina”

Este martes, día 17, recibimos no cole a visita doutro excompañeiro, da mesma clase que Marta, que chegou ao colexio a donar un libro no que aparece publicado un relato da súa autoría. Falamos de ALEJANDRO RIVERO BARROS, que estuda 2º da ESO no IES Coruxo.Este libro foi publicado pola Comunidade Autonómica de Murcia a partir dos traballos gañadores do “VI  Certamen Nacional de Relatos” dirixido ao alumnado das distintas aulas hospitalarias de toda España.
E hoxe, día 21, o noso compañeiro CÉSAR ALONSO vai recibir o 1º premio de debuxo convocado polo “Parque Nacional Illas Atlánticas”.
                      NORABOA A TODOS!

XA É NADAL NO RIA DE VIGO

Grazas as aportacións das familias  o porche quedou moi navideño con esas tarxetas tan creativas que cada quen fixo na súa casa .
GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN! 
E FELIZ NADAL!!

jueves, 19 de diciembre de 2013

LECTURAS DE AGASALLO POLO NADAL

Como sempre, dende a BiblioRía, por estas datas, recoméndanse 
unha serie de libros para que  os nenos/as pidan este Nadal a Papá Noel ou aos Reis Magos.

Vigo, decembro 2013

Estimadas familias:

Poñémonos en contacto con vós para informar que desexamos que @s vos@s fill@s lean, no segundo trimestre, un libro en galego e outro en castelán, de forma colectiva na “Hora de ler”.

Xa falamos con diversas editoriais, e ofreceron sesións de animación á lectura (encontro con autores, ilustradores e contacontos), a cambio de ler eses libros recomendados.

Parécenos unha boa ocasión aproveitar estas datas de Nadal e Reis, para incluir o pedido de libros nas cartas a eses ilustres personaxes.

Empezaremos a traballar con eses libros á volta das vacacións de Nadal, polo que necesitamos  que @s nen@s os teñan para esas datas. (Sería mellor que estiveran forrados e co nome d@ alumn@).

Grazas pola vosa colaboración. Un saúdo.

                    As titoras, titores e o equipo de biblioteca.

Aquí tedes  as fotos dos libros recomendados:
 

miércoles, 18 de diciembre de 2013

O COLEXIO E A GARDERÍA DE SAIÁNS UNIDOS POLA ARTE

O luns ,11 de decembro os pequenos da Gardería de Saiáns visitaron o noso colexio.Nesta visita os "maiores de 3 anos" ensináronlles a traballar as cores e as formas con KandinsKy, porque xa coñecen moi ben dúas obras de arte do autor:
 "Cadrado con cículos concéntricos" e
 " Trece rectángulos".
Aquí tedes as fotos:

jueves, 12 de diciembre de 2013

ADEUS A MANDELA




Estes días espertamos cunha triste nova:
 o falecemento de Nelson Mandela 

O corazón de Nelson Mandela, MADIBA como lle chamaban cariñosamente no seu país, apagouse o pasado xoves día 5 .
Para tod@s foi un exemplo  de BONDADE  e un firme defensor da LIBERDADE , a DIGNIDADE  e a UNIDADE  do seu pobo. 
Todo isto adornado co seu SORRISO  imborrable.
Nunca perdeu o optimismo: foi condenado a cadea perpetua realizando traballos forzados nas canteiras de cal, pero en ningún momento dubidou de que sairía e liberaría ao seu pobo.
Todos os líderes mundiais esixiron a súa posta en liberdade e cando quedou libre, despois de 27 anos, renunciou públicamente á violencia e comprometeuse a atopar unha solución para acabar coa situación de discriminación na que vivían os negros en Sudáfrica.
Loitou contra a  pobreza, a desigualdade e o racismo  no que vivía a xente negra  durante o Apartheid, un réxime de segregación racial no que as persoas de cor non podían votar nin ocupar postos de traballo "propios de brancos", non podían relacionarse con eles nin tan sequera viaxar nos mesmos autobuses que eles.
Polo ben do seu país, foi quen de perdoar os inxustos anos que pasou na cadea e  de convencer a todos de que era posible unha convivencia pacífica que sentase as bases dun sistema democrático en Sudáfrica.
 Por iso, negros e brancos, brancos e negros choran unidos a morte de Mandela, un home irrepetible.

"Transformou a historia do seu país dunha maneira que parecía inconcevible e demostrou, coa súa intelixencia, honestidade e valentía que no campo da política, ás veces, os milagres son posibles" (Mario  Vargas Llosa).

Aquí tedes o enlace dunha presentación fantástica, feita pola Biblioteca do CEIP A Maía de Bertamiráns. Gracias pola aportación!


http://issuu.com/biblioamaia/docs/mandela

jueves, 5 de diciembre de 2013

VISITAS AOS MUSEOS


Dentro do proxecto " Lendo con Arte" tiñamos previsto facer, como actividade de motivación inicial, as visitas aos museos.

POR FIN CHEGOU O GRAN DÍA!!

No mes de novembro e decembro  os nenos/as de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º ciclos acudiron a exposicións en distintos museos.
Contámosvos como foron estas visitas tan desexadas: 

O día 20 de novembro os nenos/as do 2º ciclo acudiron a Fundación Laxeiro".
Primeiro miraron o Trasmundo e despois debuxárono.
A continuación miraron retratos de Laxeiro e percibiron as diferencias entre cada un deles.
Máis tarde foron a unha sala onde estaba representada a visión de Galicia segundo o que lle contou a  avoa de Laxeiro.
Por último, miraron pinturas abstractas que fixo en Buenos Aires.
Encantóulles a visita e aprenderon moitas cousas!

O día 21 os nenos/as de 5º e 6º de Educación Infantil acudiron tamén ao Centro Cultural Caixanova a ver a exposición de Ruibal e a Fundación Barrié de la maza a ver a exposición " Historias da Historia"".
A visita á Fundación Barrié de la Maza comezou subindo a un ascensor xigante para acceder a exposición.
O alumnado a través de diferentes salas e actividades, foi descubrindo como vivían os homes e mulleres na prehistoria e tamén fixeron o taller " Festivalín".
 Na exposición de Ruibal puideron descubrir que con uns pouquiños e simples trazos foi capaz de realizar diferentes animais, así coma tamén esculturas sinxelas e diversas, que os representan.
Puideron atopar pola sala diferentes animais  e comentar co monitor as súas características máis importantes e diferentes curiosidades.
Tiveron un momento para converterse en artistas, pintando as súas propias xirafas que levaron de agasallo á escola.

O día 22,  o 1º ciclo acudiú á Fundación Barrié de la Maza a ver a exposición 
" Historias da Historia" e á Fundación Caixanova a ver a exposición de Ruibal.
Na primeira,  puideron ver a diferenza entre a prehistoria e a Idade moderna, reflexionando e puidendo ver tamén distintas posibilidades sobre  como pode ser o noso futuro, despois fixeron unha actividade didáctica titulada " Festivalín", na que tiveron que debuxarse eles no pasado e no futuro.
A continuación, visitaron a Exposición de Ruibal; parecéulles increíble como con poucos trazos puido facer uns debuxos tan bonitos. O monitor explicoulles que a intención de Ruibal era representar o movemento dos animais. Descubriron os diferentes animais e, coa axuda do monitor, foron nomearon as súas características. Para rematar fixeron un taller, no que  completaron o debuxo dun xirafa que puideron levar para a súa casa.
Gustóulles moito esta exposición!
 
O día 4 de decembro os alumnos/as do terceiro ciclo acudiron á exposición
 " Veraneantes" , no museo MARCO. 
Visitaron tres salas e un aula chamada "laboratorio do arte", onde fixeron actividades empregando materiais de reciclaxe para elaborar pratos. 
Realizaron unha obra plástica estupenda!
 
Como podedes comprobar foron unhas semanas moi completa na que os nenos/as do colexio  aprenderon e disfrutaron co arte.

Aquí tedes os enlaces de cada unha das exposicións e, por suposto, algunhas das fotos que fixemos.
http://www.obrasocialncg.com/es/evento/a_fauna_na_obra_de_ruibal_en_vigo
http://www.fundacionbarrie.org/es/actividades/exposiciones/exposiciones-temporales