Nestas últimas datas seguimos a recibir moi
boas novas con respecto ao recoñecemento dos traballos presentados por alumnado
do centro en diferentes convocatorias de creación literaria.
O día 14 de decembro, unha compañeira de 5º
curso, MARÍA LÓPEZ GABIÁN foi recoller o 1º premio do 6º CONCURSO DE RELATOS
“CIENCIA QUE CONTA” convocado pola
Universidade de Vigo e a Fundación Barrié de la Maza.
O xurado dictaminou o seguinte do traballo
presentado co título de “Experimento: MorrisII” : “Valorouse neste texto a
eficaz sinxeleza con que a voz narradora dunha nena curiosa e interesada polo
saber nos conta unha experiencia científica integrada na súa vida cotiá. Deste
xeito, algo tan básico como o xerminar dunha faba serve para ilustrar os fundamentos
da experiencia científica”. Esta obra estárá colgada en breve na páxina web do
colexio.
Tedes que saber que a súa irma, MARTA LÓPEZ GABIÁN, que agora estuda no IES
Alexandre Bóveda, gañou un Accésit co relato “A grandeza de Carolina”
Este martes, día 17, recibimos no cole a visita doutro
excompañeiro, da mesma clase que Marta, que chegou ao colexio a donar un libro
no que aparece publicado un relato da súa autoría. Falamos de ALEJANDRO RIVERO BARROS, que estuda 2º da ESO no IES Coruxo.Este libro foi publicado pola Comunidade
Autonómica de Murcia a partir dos traballos gañadores do “VI Certamen Nacional de Relatos” dirixido ao
alumnado das distintas aulas hospitalarias de toda España.
E hoxe, día 21, o noso compañeiro CÉSAR ALONSO vai recibir o 1º premio de
debuxo convocado polo “Parque Nacional Illas Atlánticas”.
NORABOA A TODOS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario