jueves, 12 de diciembre de 2013

ADEUS A MANDELA




Estes días espertamos cunha triste nova:
 o falecemento de Nelson Mandela 

O corazón de Nelson Mandela, MADIBA como lle chamaban cariñosamente no seu país, apagouse o pasado xoves día 5 .
Para tod@s foi un exemplo  de BONDADE  e un firme defensor da LIBERDADE , a DIGNIDADE  e a UNIDADE  do seu pobo. 
Todo isto adornado co seu SORRISO  imborrable.
Nunca perdeu o optimismo: foi condenado a cadea perpetua realizando traballos forzados nas canteiras de cal, pero en ningún momento dubidou de que sairía e liberaría ao seu pobo.
Todos os líderes mundiais esixiron a súa posta en liberdade e cando quedou libre, despois de 27 anos, renunciou públicamente á violencia e comprometeuse a atopar unha solución para acabar coa situación de discriminación na que vivían os negros en Sudáfrica.
Loitou contra a  pobreza, a desigualdade e o racismo  no que vivía a xente negra  durante o Apartheid, un réxime de segregación racial no que as persoas de cor non podían votar nin ocupar postos de traballo "propios de brancos", non podían relacionarse con eles nin tan sequera viaxar nos mesmos autobuses que eles.
Polo ben do seu país, foi quen de perdoar os inxustos anos que pasou na cadea e  de convencer a todos de que era posible unha convivencia pacífica que sentase as bases dun sistema democrático en Sudáfrica.
 Por iso, negros e brancos, brancos e negros choran unidos a morte de Mandela, un home irrepetible.

"Transformou a historia do seu país dunha maneira que parecía inconcevible e demostrou, coa súa intelixencia, honestidade e valentía que no campo da política, ás veces, os milagres son posibles" (Mario  Vargas Llosa).

Aquí tedes o enlace dunha presentación fantástica, feita pola Biblioteca do CEIP A Maía de Bertamiráns. Gracias pola aportación!


http://issuu.com/biblioamaia/docs/mandela

No hay comentarios:

Publicar un comentario