viernes, 28 de febrero de 2014

UN ENTROIDO CHEO DE ARTE

Hoxe, venres, día 28 de febreiro, celebramos no colexio o entroido.
Este ano, como xa sabedes o proxecto que se está a desenvolver titúlase " "LENDO CON ARTE".
Deste xeito, cada clase disfrazouse do tema que levan traballando neste curso, relacionado co arte.
Os nenos/as de 3 anos co seu disfraz fixeron unha
 "Noche estrellada " de Van Gogh
Os rapaces/as de 4 anos disfrazáronse de pintores.
Os nenos/as de 5 anos representaron o cadro de 
" Los Girasoles" de van Gogh.
Os nenos/as do 1º e 2º curso foron disfrazados de
 " Las Meninas" e de Velazquez.
Os alumnos/as de 3º e 4º curso fixeron un autorretrato.
Os nenos/as de 5º curso foron de personaxes de cadros de Picasso.
E, por último, os nenos/as de 6º curso cos seus traxes e vestidos parecían saídos dun cadro de Monet.

Despois do desfile cada curso acudíu a súa clase para degustar os doces típicos do entroido, traídos polas familias.
Por último, como é habitual, colocouse o Meco no patio, que neste curso foi un marco baleiro. Reflexionamos moito e, como non atopamos indicios de culpabilidade e temos moitos cadros que enmarcar, pensamos que o imos  ter que indultar; de este xeito, serviranos para ir expoñendo cada semana os cadros que se van realizando nas aulas.
Comezado o entroido no colexio imos continualo na rúa.
Pasádeo moi ben!!

 

martes, 25 de febrero de 2014

DÍA DA ROSALÍA

Onte luns, 24 de febreiro  celebramos, un ano máis, o cumpreanos da nosa poetisa por excelencia: 
ROSALÍA DE CASTRO.
Hai moitas cousas na nosa terra  que inspiraron a Rosalía para escribir os seus poemas. Así como os pintores pintan con pinceis e cores , os poetas e as poetisas pintan con lapis e palabras fermosas.
Rosalía foi a inspiración para moitos pintores que lle fixeron retratos.
Na corcheira da BiblioRía podedes admirar unha pequena mostra destes retratos nun mural que preparamos o equipo de BiblioRía con imaxes tomadas do Faro de Vigo..
Deste xeito Rosalía pasa a formar parte do noso proxecto deste ano " Lendo con Arte".
Para facerlle unha homenaxe, propuxemos ás distintas aulas  que preparasen un poemiña  para recitalo este día. Estes poemas foron seleccionamos do libro " ROSALÍA PEQUENIÑA", da editorial Galaxia.
Empezaron os nenos/as de E. Infantil co poema " Has de centar", para continuar co poema " Como chove miudiño" recitado polo 1º e 2º ciclo de E. primaria. Os nenos/as de 3º e 4º prepraraon o poema " Alborada" e , por último,  participaron os nenos/as de 5º e 6º co poema " Miña  santiña , miña santasa.


ROSAS PARA ROSALÍA
Para representar o poema cada curso escribíu unha estrofa do seu poema nos pétalos dunha rosa que cada quen ofreceu a Rosalía.
Ademais contamos coa visita, para os alumnos de 2º e 3º ciclos, do escritor Pedro Feijoo, antiguo alumno deste centro e tío de Nayra, alumna de terceiro curso.
 Pedro  está investigando sobre a vida de Rosalía e a súa obra: de este xeito, presentounos unha imaxe distinta de Rosalía da que todos coñecemos; ademais de ser unha persoa  triste e chea de morriña, era unha persoa alegre , firme, vengativa e misteriosa.
Asemade algúns nenos saíron  voluntariamente a ler  uns poemas de Rosalía que presentaban esa imaxe distinta da que nos estaba a falar Pedro.
Moitas grazas Pedro pola túa visita!

CUMPREANOS DE ROSALÍA on PhotoPeach

viernes, 14 de febrero de 2014

Bosque de fantasías

 Nos comentarios recibidos no mes de xaneiro no blog de educación infantil, puidemos descobrir a unha parella madrileña, que nos permitiu coñecer un novo proxecto sobre contos e poemas infantís.

O espazo chámase 
e teñen contidos exclusivos e inéditos, escritos por eles mesmos.
http://www.bosquedefantasias.com/
Todos estes recursos os comparten con diferentes centros educativos para fomentar a lectura infantil, así que aquí compartimos a ligazón á súa web para que vos mesmos poidades descobrir os seus traballos.

viernes, 7 de febrero de 2014

Entrevista "Aulas creativas"

Hoxe, compartimos con todos os nosos usuarios e usuarias unha entrevista que concederon as mestras de educación infantil da escola a Aulas creativas.
No mes de xaneiro, recibiron no seu blog un agarimoso comentario de David Maynar, ilustrador infantil e "tintinólogo" (www.davidmaynar.com) Coordina o aula virtual "Viñetas creativas" (de clara inspiración tintinóloga) da rede de educación "Aulas creativas", que conta, nestes momentos, con máis de 25.000 seguidores.
Descubriu o noso traballo a través da adpatación do conto "Tintín en el Congo", que fixeron o curso pasado e adaptaron para o alumnado de educación infantil.
Se queredes lembrar esta actividade, podedes premer na seguinte ligazón:

Para acceder á entrevista e ao resto da información preme na seguinte ligazón:
http://www.educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2014/02/entrevista-en-aulas-creativas.html

jueves, 6 de febrero de 2014

CÓNTAME UN CADRO

Dentro do proxecto " Lendo con arte" promovemos a participación das familias coa actividade " CÓNTAME UN CADRO". A actividade consiste en seleccionar unha serie de láminas de obras de arte, que enviamos ás casas  para que entre toda a familia podan imaxinar unha historia real ou fantástica,que teña por escenario ese cadro e que o desenvolvan en forma de conto nunha ficha enmarcada que lle enviamos para tal fin.
Esta semana botaron a andar 5 láminas en cada aula  para as familias e, como podedes comprobar nas fotos, os resultados son moi bós.

Seguiremos manténdovos informados!!
Gracias pola vosa colaboración!!!