martes, 29 de abril de 2014

ELENA PONIATOWSKA, GAÑADORA DO PREMIO CERVANTES

No mes de abril, a escritora, activista e periodista mexicana
 Elena Poniatowska Amor (Paris, Francia;19 de maio de 1932), recibíu o PREMIO CERVANTES pola súa obra literaria.
O Premio de Literatura en Lengua Castellana Miguel de Cervantes é o máximo recoñecemento á labor creadora de escritores españoles e hispanoamericanos, que coa súa obra  contribúen a enriquecer notablemente o patrimonio literario na lingua española.
A  escritora mexicana  agradecía  o Premio cun discurso de marcado carácter social, no que que tivo moi presente aos perdedores de América Latina e a eses millóns de pobres nos que o seu silencio "é tamén un silencio de séculos de olvido e de marxinación".
No seu discurso tamén lembrou ao escritor Gabriel García Márquez  e falou das tres ecritoras que gañaron anteriormente o premio Cervantes; tres fronte a trinta e cinco homes. A española María Zambrano foi a primeira en recibilo en 1988. Catro anos máis tarde tocóulle á cubana Dulce María Loynaz, e en 2010 á novelista española Ana María Matute.
Se queredes ver o discurso completo de Elena Poniatowska, premede no enlace de abaixo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario