viernes, 11 de abril de 2014

XUNTOS POLA PAZ



Hoxe, día 11 de abril, POR FIN, puidemos xuntarnos co colexio " Castelao" de Navia, para facer unha CONVIVENCIA POLA PAZ, esta xuntanza estaba programada para o día 30 de xaneiro pero con tanta cicloxénesis tivemos que retrasalo ata o día de hoxe.
Esta actividade queda enmarcada dentro do proxecto " Lendo con Arte", que estamos levando a cabo neste curso.Fomos seleccionando símbolos da paz do artista español Pablo Picasso; cada curso adoptou un cadro con algún destes símbolos, no que colaboraron especialmente os nenos/as de 5º curso. Todos eles forman agora parte da decoración do porche do noso colexio.
Comezamos a mañán esperando aos nenos doutro colexio na entrada. Cada curso recibíu aos nenos/as do mesmo curso do " Castelao" e xuntos entramos no ximnasio, onde tivo lugar a primeira actividade desta xuntanza.
 Os nenos/as de 5º curso representaron o cadro " Guernica" con "luz negra".
Máis tarde comezaron os xogos cooperativos, dirixidos polos mestres/as ; os nenos/as por grupo foron pasando polos distintos xogos: pintacaras, abrazos,musicais, contacontos, paracaídas....etc.
Despois merendamos todos xuntos e os nenos/as aproveitaron para coñecerse en persoa aos amigos que fixeron a través de cartas que intercambiaron
O colexio  "Castelao" obsequiounos cun cadro do " Guernica" precioso.
Terminamos a xuntanza despedíndonos de todos os nenos/as do colexio "Castelao", agradecéndolles a súa visita.
Foi unha mañán estupenda!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario