miércoles, 29 de octubre de 2014

ANDAINA DOS LIBROS DIXITAIS

Hoxe, día 29 de outubro, empezou a andaina dos  primeiros libros dixitais da BiblioRía.
Os nenos/as de 5º e 6º cursos foron os privilexiados para levalos en préstamo durante unha semana.
Fixemos unha selección de lecturas enmarcadas en diferentes categorías: Conto, poesía, misterio e aventuras. 
Xunto co e-book levaron un libriño cos resumos dos libros  e un  tríptico-guía de uso.
Candela de 5º curso e César de 6º curso foron os primeiros en levar o e-book á súa casa.
Aquí tedes as fotos!
Boa viaxe e boas lecturas!!

sábado, 25 de octubre de 2014

INAUGURACIÓN DA BIBLIORÍA

Hoxe, día 24 , como xa sabedes, é o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e, aproveitamos a ocasión para inaugurar a nosa Biblioteca.
Cada curso foi baixando á  biblioteca na hora sinalada no programa:



Como vedes, fixemos moitas actividades relacionadas coa lectura e presentamos o tema que imos traballar este curso, que a maioría dos nenos/as xa adiviñaron con todas as pistas que lles foi dando a nosa mascota Gaspar.
"LENDO COA ARTE QUE NOS RODEA".

Ao final, entregamos un agasallo de gominola, un marcapáxinas cunha poesía de Gloria Fuertes e uns libriños de fomento á lectura.
Tamén fixemos entrega aos encargados de biblioteca de 6º curso dos distintivos e da guía de axudantes.

Aquí tedes o precioso conto e o marcapáxinas cunha poesía de Gloria Fuertes, traducidos ámbolos dous ao Galego. Tamén ensinámosvos os vídeos e as fotos en dúas presentacións: unha para as actividades de todos os cursos e outra para a entrega das mochilas viaxeiras e a presentación dos axudantes do 6º curso.





jueves, 23 de octubre de 2014

AS NOVAS DE GASPAR CHEGAN ÁS AULAS

Como todos os anos por estas datas, ten lugar a reapertura da nosa BiblioRía. E, como todos os anos, coincide co Día das Bibliotecas Escolares, que terá lugar mañá, venres, 24 de outubro.
Así, Gaspar xa comezou a mandar cartas polas aulas dando pistas do tema que traballaremos durante este curso.
Xa no mes de setembro, recibimos esta primeira carta:
 E fai pouquiños días, esta outra:
 Como o alumnado da nosa escola é moi cumpridor, saiu aos corredores para descubrir as siluetas-debuxos que estaban alí pegados. Entre todos e todas estiveron a pensar que poderían ser aquelas formas que estabamos a mirar e, pouco a pouco, foron dando diferentes respostas.
Así, xurdiron moitísimas e variadas ideas: 

 

Posteriormente, ao carón destas siluetas, apareceron as imaxes que representaban, algunhas moi coñecidas por todos nós.
Doutra banda, estamos a decorar nas aulas os libriños que enviou Gaspar e, dentro de pouco, poderedes ver o resultado.

Mañá, celebraremos o Día das Bibliotecas Escolares e a reapertura da BiblioRía así que estade moi atentos e atentas ás novas que contaremos neste blog.

martes, 21 de octubre de 2014

GASPAR INFORMA....

Ola a todos e todas! aquí estamos de novo un curso máis!
Gaspar está por aquí pegando chimpos de ledicia de pensar estar un curso máis na BiblioRía.
Como xa sabedes é moi viaxeiro, pero este verán non marchou lonxe, como noutras ocasións. pasouno moi ben! vivíu cantidade de aventuras e descubríu cantidade de cousas preto do colexio que nunca as mirara.
Na aula xa recibiron dúas cartas de Gaspar dando pistas sobre o tema deste ano....... "Mirade con atención as cousas que tendes máis pretiño de vós, a arte non se atopa só nos museos" díxonos.
Tamén colocou  unhas siluetas nos corredores que non sabemos que pode ser. Qué intrigados estamos!!!Haberá que pensar moito!
O día 24, na inauguración da Biblioteca, desvelarase o misterio.
                                            ATA PRONTO!!!!