Gaspar está por aquí pegando chimpos de ledicia de pensar estar un curso máis na BiblioRía.
Como xa sabedes é moi viaxeiro, pero este verán non marchou lonxe, como noutras ocasións. pasouno moi ben! vivíu cantidade de aventuras e descubríu cantidade de cousas preto do colexio que nunca as mirara.
Na aula xa recibiron dúas cartas de Gaspar dando pistas sobre o tema deste ano....... "Mirade con atención as cousas que tendes máis pretiño de vós, a arte non se atopa só nos museos" díxonos.
Tamén colocou unhas siluetas nos corredores que non sabemos que pode ser. Qué intrigados estamos!!!Haberá que pensar moito!
O día 24, na inauguración da Biblioteca, desvelarase o misterio.
ATA PRONTO!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario