miércoles, 22 de octubre de 2014

AS NOVAS DE GASPAR CHEGAN ÁS AULAS

Como todos os anos por estas datas, ten lugar a reapertura da nosa BiblioRía. E, como todos os anos, coincide co Día das Bibliotecas Escolares, que terá lugar mañá, venres, 24 de outubro.
Así, Gaspar xa comezou a mandar cartas polas aulas dando pistas do tema que traballaremos durante este curso.
Xa no mes de setembro, recibimos esta primeira carta:
 E fai pouquiños días, esta outra:
 Como o alumnado da nosa escola é moi cumpridor, saiu aos corredores para descubrir as siluetas-debuxos que estaban alí pegados. Entre todos e todas estiveron a pensar que poderían ser aquelas formas que estabamos a mirar e, pouco a pouco, foron dando diferentes respostas.
Así, xurdiron moitísimas e variadas ideas: 

 

Posteriormente, ao carón destas siluetas, apareceron as imaxes que representaban, algunhas moi coñecidas por todos nós.
Doutra banda, estamos a decorar nas aulas os libriños que enviou Gaspar e, dentro de pouco, poderedes ver o resultado.

Mañá, celebraremos o Día das Bibliotecas Escolares e a reapertura da BiblioRía así que estade moi atentos e atentas ás novas que contaremos neste blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario