Hoxe, 28 de maio os nenos e nenas de 5 anos e os de 6º curso, en representación do noso colexio, tivemos a sorte de participar
na II QUEDADA LITERARIA, xunto con
outros coles de Vigo: Carrasqueira, O Chouzo, Frián-Teis, O Pombal, IES do Castro, para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, que esta dedicado a XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE.
Todo foi transcurrindo segundo o programa
establecido, que podedes ver abaixo, aínda que houbo algúns cambios con respecto á presentación do acto.
Deste xeito os nosos nenos e nenas de 5 anos escoitaron tres contos representados magnificamente polos nenos/as de 1º da ESO do IES do Castro: "A galiña vermella" , " A que sabe a lúa" e " A cebra Camila" . Despois obsequiáronnos cun conto dos lidos e coas máscaras que empregaron para a representación.
Mentres tanto os nenos e nenas de 6º curso compartiron lecturas e confidencias cos alumnos/as do colexio Frián Teis.
A xuntanza final de todos os colexios para o Acto de Clausura empezou cantando todos/as a canción " Imaxínate" do grupo Migallas.
A continuación presentou o acto o grupo de teatro Baobad e cada centro aportou ao acto cores, contos, poesías e cancións que encheron o marabilloso entorno natural.
A continuación presentou o acto o grupo de teatro Baobad e cada centro aportou ao acto cores, contos, poesías e cancións que encheron o marabilloso entorno natural.
Nós participamos con dúas poesías. Unha de Rosalía de Castro " Adios ríos, adios fontes" que recitaron os nenos/as de 5 anos e outra titulada " O rapto de Europa", escrita e recitaba polos nenos/as de 6º curso.
Contamos coa presencia do Sr. Alcalde, e outros
representantes do Concello, como Marta, do Departamento de Normalización Lingüística,
que quedaron encantados coa experiencia.
Non podemos esquecer agradecerlle a Antonio
Fernández, que se encargou da
organización e que cada ano organiza xuntanzas de responsables de Bibliotecas Escolares
de Vigo e bisbarra, onde xurdíu esta iniciativa, que pouco a pouco se foi
fraguando para converterse nesta fermosa realidade.
Grazas, tamén a todos os coles pola súa implicación
e colaboración, así como a Marta, coa súa colaboración dende o Departamento de
Normalización Lingüística do Concello.
Contamos tamén coa presenza de Protección Civil e distintos
medios de comunicación.
No remate final da quedada cantamos outra vez todos/as xuntos/as a canción " Imaxínate", que escoitaredes xunto coa reportaxe gráfica , que podedes ver clicando no enlace de abaixo.
Foi unha experiencia marabillosa na que tivemos ocasión de compartir lecturas, marcapáxinas e contacontos en galego, celebrando deste xeito tan festivo o Día das Letras Galegas.
Foi unha experiencia marabillosa na que tivemos ocasión de compartir lecturas, marcapáxinas e contacontos en galego, celebrando deste xeito tan festivo o Día das Letras Galegas.