Hoxe, martes día 19, os nenos e nenas de 3º e 4º cursos fixeron
 unha visita guiada pola cidade de Vigo, para traballar a a Idade Medieval e  Moderna que é o tema que lles tocou dentro do
 Proxecto deste curso 
" Lendo coa Arte que nos rodea".
Dividíronse
 en dous grupos, cada grupo cunha guía especializada que lles foi explicando cada escultura e 
fachada que ían atopando ademais de falarlles  da historia daquela época. 
Comezaron
 na Praza do Rei, alí miraron a fortaleza de San Sebastián, visitaron o casco vello, o olivo, a rúa poboadores, o berbés, a rúa dos cesteiros, triunfo, a cárcere vella para rematar na Praza da Pedra.
Os nenos e nenas tomaron moitas anotacións e aprenderon moito sobre cómo vivían naquela época na nosa cidade.
Mirade as fotos!
Os nenos e nenas tomaron moitas anotacións e aprenderon moito sobre cómo vivían naquela época na nosa cidade.
Mirade as fotos!
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario