Tres nenos/as de 6º e un neno de 5º representaron, na BiblioRía, para os nenos e nenas de infantil unha obra de teatro en tres sesións, unha para cada grupo, baseada no conto " La cueva de Altamira".
A nosa mascota Gaspar presentou a obra.
A representación tiña dúas partes: na primeira fixeron unha representación do conto e na segunda parte explicaron, sobre un power point, onde está a cova de Altamira, como vivían naquela época e as pinturas que facían.
Por último, un neno recitou unha poesía sobre o conto creada por él.
Os nenos e nenas de infantil pasárono moi ben!! e os nenos/a maiores fixérono estupendamente.
Non vos perdades as fotos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario