O escritor galego, tan coñecido por todos nós, AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, recibirá o día 29 o premio Iberoamericano máis importante, que se concede a autores cunha carreira literaria consolidada no ámbito da Literatura Infantil e Xuvenil.
Das 45 obras escritas por este autor lucense, Gaspar puido rescatar algunhas delas e traelas a BiblioRía, para que todos e todas disfrutedes de este gran escritor.
Dende a BiblioRía só nos queda felicitar a Agustín por tan merecido premio.
Artigo publicado no Faro de Vigo
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2011/09/12/agustin-fernandez-paz-gana-vii-premio-iberoamericano-sm-literatura/579649.html
Última entrevista que concedeu o día 13 de setembro, na que fala da situación da Literatura Infantil e Xuvenil galega.
martes, 27 de septiembre de 2011
Benvid@s a un novo curso na BiblioRía
BENVI@s a un novo curso escolar na BiblioRía; desexamos vivir con todos milleiros de actividades e experiencias que aumenten o noso amor pola lectura.
Ah!... Gaspar non quere pasar sen dicirvos unhas palabras:
Hola amiguiños!
Supoño que xa estaredes disfrutando a tope do noso cole Ría de Vigo, non si?
Que sorte a vosa! Eu aínda me atopo un pouco lonxe, a moitas millas de aí, e xa estou sentindo moita morriña, por iso quero voltar o mais axiña posible.
Que tal de vacacións? Xa me contaredes algo. Vivístedes moitas aventuras? Eu, pola miña parte, teño moitísimas cousas que contarvos das miñas viaxes polos mares do Sur e do Norte, onde me atopo agora mesmo.
Nin vos imaxinades o que se pode atopar no fondo do mar . . . e a de historias de barcos que se escoitan nos portos da costa!
En canto chegue quero contárvolo todo, todo, todo!
Tamén atopei unha chea de libros que falan de historias que aconteceron no mar: aventuras, viaxes, etc. que axiña estarán nos andeis da BiblioRía e así vos tamén poderedes vivir tantas aventuras coma min.
Xa estou impaciente por chegar, moitas historias agardan por nos este novo curso.
Bo comezo e bicos xeados dende o Ártico. Con agarimo,
Gaspar
Setembro, 2011
miércoles, 13 de julio de 2011
Festival de Fin de Curso
O día 22 de xuño, no CEIP Ría de Vigo, rematamos o curso coma tódolos anos cun estupendo festival, onde cada clase tiña preparada unha actuación para deleite de toda a comunidade educativa. Foi unha xornada marabillosa onde alumnos, profes, familias, etc. Viviron alegrías, nervios, sorrisos e algunha bágoa . . .
Pero non poderíamos rematar este curso sen dedicarlle un apartado especial ao tema central de tódalas actividades no cole: O Ano Internacional dos Bosques.
Por iso os nenos e nenas de E. I. de 3 anos metéronse no bosque de Carapuchiña Vermella e fixeron unha estupenda representación do conto.
Tamén, pola súa parte, os nenos e nenas de 4º de E.P. quixéronos recordar a importancia de coidar a Natureza mantendo o monte limpo. Representaron unha pequena obra de Alicia Borrás titulada “Los árboles”, que prepararon coa súa titora. A autora, Alicia Borrás, asistiu ao Festival e emocionouse moitísimo ao ver tan ben representado o seu conto.
miércoles, 22 de junio de 2011
Vacacións do curso na BiblioRía
Queridos amigos e amigas:
Case sen decatarnos chegou a fin do curso, xa estou notando o silencio nos corredores, nas aulas e neste meu recuncho chamado BiblioRía. Aínda non marchástedes e xa vos voto en falta, pois aquí, neste curso, pasaron cousas moi interesantes case, case , misteriosas… xa vos contaran o curso pasado que as bibliotecas eran espazos máxicos e que nelas, se estabamos moi atentos, podíamos ver elfos, fadas, bruxas, …e nós xa comprobáramos que era verdade, pero, que sorpresa vos levástedes este ano cando de súpeto en Setembro vos estaba agardando Landro!!
Como tamén me contou Castelao “A árbore é un engado dos ollos, pola súa fermosura; é unha delicia dos oídos, porque nela cantan os paxaros; é un arrolador do espírito porque nas súas pólas conta contos o vento. A árbore pídelle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura”.
En fin, despois de tanta actividade: préstamos, mochilas viaxeiras, día da prensa, día da árbore e da poesía, día do teatro, mes do libro, … chegan as vacacións e con elas o merecido descanso e as despedidas. Tamén nós ( os libros, Landro e eu) necesitamos descansar, polo que dende aquí queremos desexarvos unhas boas vacacións, disfrutando da familia e dos amigos, da natureza que nos rodea, dos montes e do mar, pero non esquezades levar sempre con vos un bo libriño. . . en calquera momento e lugar nos fará soñar.
Tamén temos que despedirnos da profe Marina, que tanto empeño puxo en crear este espazo marabilloso do CEIP Ría de Vigo que é a BiblioRía. Tanto entusiasmo posto neste proxecto, tanto agarimo polos libros, tanta preocupación pola súa axeitada colocación, tantas horas de traballo, pero sobre todo, tantos desexos de que todos e cada un de vos descubrades o amor pola lectura. . . Graciñas Marina! Feliz Xubilación! Aquí terás sempre o teu recuncho onde poderás mergullarte sempre que o desexes.
E a vós, nenos e nenas, profes e demais membros da comunidade educativa, desexarvos un bo verán para atoparnos en Setembro cheos de enerxía na BiblioRía. Felices Vacacións e Felices Lecturas!!!
Con agarimo, Gaspar.
martes, 24 de mayo de 2011
Vicentiño e as árbores da paz
Esta mañá, recibimos a visita do contacontos Servando que nos trouxo "Vicentiño e as árbores da paz".
Grazas á música, o bardo Abelardo conseguiu traducir á linguaxe dos humanos os sentimentos dos seres que moran nos bosques, nos ríos e nos mares. Coñecimos a historia dun paxaro que descobre que nas pólas das árbores aniña a palabra PAZ, a dun carballo que naceu na bota dun soldado, a dun trasno que vai deitando lixo pola mata...
Pasámolo moi ben e aquí vos deixamos unha presentación de imaxes... agardamos que vos guste...
viernes, 20 de mayo de 2011
Actividades Día das Letras Galegas
Este ano, para celebrar o Día das Letras Galegas, decidimos traballar con autores homenaxeados noutras ocasións así como co protagonista deste ano, Lois Pereiro.
Ao longo de todo o porche do colexio, colocamos as diferentes láminas que recollen momentos da súa vida así como os traballos que cada unha das aulas elaboraron para facer unha pequena mostra.

Os nenos e nenas de 3 anos, estiveron a traballar a figura de Rosalía de Castro.
Por outra banda, os nenos e nenas de 4 e 5 anos traballaron a Uxío Novoneyra e Xosé María Álvarez Blázquez respectivamente.
O alumnado de 1º e 2ºA de primaria traballaron con Lois Pereiro.
Manuel María foi o protagonista na aula de 2ºB; os nenos e nenas da aula traballaron a poesía titulada "Galicia" e fixeron un mosaico con palabras que definen a nosa comunidade.
Lois Pereiro tamén foi o escollido polo alumnado de 3º de Primaria.
"Soños na gaiola", de Manuel María, foi a poesía elixida polos nenos e nenas de 4º de Primaria.
5º de Primaria traballou cos Homenaxeados no século XX e fixo este mural.
E, por último, os nenos e nenas de 6º de Primaria traballaron a Vida e contexto de Lois Pereiro.
martes, 17 de mayo de 2011
17 de MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Hoxe, 17 de Maio de 2011, celebramos o Día das Letras Galegas cun protagonista: LOIS PEREIRO.
Se queredes acceder a toda a información que temos recollida neste blogue, preme na imaxe do autor que aparece abaixo.
Por outro lado, queremos compartir con todos un vídeo elaborado polos nosos compañeiros da Biblioteca "Saturnino Hermida" do IES. CONCEPCIÓN ARENAL (Ferrol) sobre a figura de Lois Pereiro... GRACIAS compañeir@s.
(preme na imaxe do vídeo para acceder ao mesmo)
Que teñades un bo día das Letras Galegas!!!
martes, 10 de mayo de 2011
Recursos Lois Pereiro
A CDEDLG de Vigo e bisbarra pon á vosa disposición un novo blogue dentro do apartado "Dinamizacdedlg" adicado á figura de Lois Pereiro. Aí podedes atopar enlaces de interese, información variada, videos e outros sobre o autor homenaxeado este ano no "Día das Letras Galegas".
(preme na imaxe ou no enderezo para acceder a este espazo web)
Por outro lado, tamén poderedes acceder á páxina web do autor premendo na imaxe de abaixo.
sábado, 30 de abril de 2011
Recibimos a BENXAMÍN MÍGUEZ NOVOA
29 de abril de 2011
SESIÓN DE CONTACONTOS
CON
BENXAMÍN MÍGUEZ NOVÓA
E xa como remate final deste mes do libro, hoxe recibimos a visita do contacontos BENXAMÍN MÍGUEZ, que nos deleitou a pequenos e maiores con diferentes historias para cada nivel repartidas en catro sesións.
Na primeira sesión ,os nenos e nenas de 5 anos e 1º ciclo disfrutaron un montón con contos personalizados sobre monstruos e ratos á vez que facía as ilustracións e todos quedaron cunha boísima sensación.
Tamén o alumnado do 2º ciclo, desfrutou da visita de Benxamín Míguez, que, xogando cos personaxes do conto de Paula Carballeira "Correo urxente", fíxolles pasar un rato agradable, demostrando, unha vez máis, o divertido que é ler e compartir lecturas cos compañeiros.
Co alumnado do 3º ciclo realizou actividades interactivas referentes ao libro que tiñan lido de Maite Carranza, “Queres se-lo mozo da miña irmá?” co que pasaron un rato moi divertido mentras recordaban as diferentes escenas do conto.
E por último os nenos e nenas de 3 e 4 anos tamén o pasaron moi ben con Benxamín, que lles contou unhas historias tan personalizadas que lles fixeron aflorar os sentimentos pasando da sorpresa a alegría ou do medo á risa sen parar.
Gracias Benxamín, por esta mañán tan ben aproveitada por todo o cole na BiblioRía.
Aquí vos deixamos cunha presentación das imaxes.
miércoles, 27 de abril de 2011
Entrega do Premio Cervantes 2010
Este ano o Premio Cervantes entregase o día 27 de Abril do 2011, por coincidir o 23, Día do Libro, na Semana Santa.
E a gañadora deste ano é . . .
Norabóa! Xa era hora dese recoñecemento a tan longa traxectoria!
Cando eu era unha cativa de 10 anos e tiña un aburridísimo libro de texto de lingua e literatura en branco e negro, sen apenas ilustracións, a única vía de escape eran os contos cos que comezaba cada tema. Sempre tiven un recordo especial para un que espertou en min unha gran tenrura cara unha nena descoñecida, que non tiña xoguetes, excepto aquela bonequiña feita cunha espiga de millo. Era un conto de Ana Mª Matute.
Ao longo dos anos sempre tiven presente a esta autora que, con apenas media páxina de lectura, foi quen de espertar en min tantos sentimentos a tan tenra idade.
Outra vez me atopei cunha chea de texto sen debuxos que fan voar a imaxinación, cun realismo tal que che fai ver as historias como si estivesen proxectadas nunha pantalla.
Como di Mª Paz Orduño na presentación do libro, “Ana Mª está dotada para conmover, para excitar los sentimientos más adormecidos, siempre con la más exquisita sensibilidad . . .de la más terrible tragedia puede extraer una situación cómica, . . . algunas se abren con un delicado lirismo y acaban en el realismo más cruel, como para sacudir al lector y preguntarle si se había creído que la vida era tan hermosa”.
O que votei en falta na recopilación foi a historia da nena que tiña unha boneca de espiga de millo. Espero que a recuperen en próximas edicións.
Felicidades, ANA Mª MATUTE, por tan merecidísimo premio!
(preme no nome da escritora e accede á información relativa á mesma)
* Diferentes xornais recollen a noticia. Podes ler algúns dos artigos, premendo nos apartados de noticias que aparecen debaixo.
Aquí vos deixamos un vídeo no que se recollen as primeiras impresións de Ana Mª Matute tras coñecer a noticia do Premio Cervantes 2010.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




























