lunes, 28 de febrero de 2011

A orde do meco para o MARTES

Aquí está o noso meco: un gran bosque onde anda agachado Landro e onde, cada día, aparece unha nova orde...
...aquí está a de mañá martes.

UN MERLO NO LOUREIRO DINOS:

NON SEXAS ZASCANDIL
E O MARTES
TRAE POSTO UN MANDIL

sábado, 26 de febrero de 2011

CHEGA O ENTROIDO: as ordes do Meco

CHEGA O ENTROIDO e, coma sempre, o meco presente na escola nos di cales son as ordes que temos que cumprir día a día.
Así, este venres, o alumnado de 6º de primaria pasou polas aulas para lembrar ao resto de alumnos e alumnas a norma que teñen que cumprir o luns.
No porche do colexio está presente o meco (non sabemos ben que fai, pero LANDRO algo anda argallando e en breves o amosaremos) e, cada día, aparecerá neste blogue a orde que temos que cumprir para o día seguinte, así que estade moi atentos e atentas!!!
.........................................

DURANTE TODA A SEMANA, PARA IR PREPARANDO O TEU DISFRAZ, ESTAS COUSIÑAS TES QUE TRAER
SE AO MECO NON QUERES VER ARDER
..........
NO BOSQUE XA CHEGA A PRIMAVERA E O LUNS
LANDRO MANDA TRAER UNHA FLOR CALQUERA

 

viernes, 25 de febrero de 2011

ROSALÍA DE CASTRO NA BiblioRía

Onte, 24 de febreiro, na BiblioRía quixemos facer unha pequena homenaxe a esta gran poetisa nosa: ROSALÍA DE CASTRO
(preme na imaxe e accederás a Wikipedia para atopar información sobre ela)
Para elo fixemos unha pequena escolma dos seus poemas para ler e escoitar a toda a Comunidade Educativa: "Pasade e Lede"
Recompilación Musical de diferentes autores musicando obra de Rosalía de Castro:
- Amancio Prada.
- Carlos Núñez e Luz Casal.
- Dulce Pontes.

Recopilación  de diferentes poemas dos seus libros como:
- Adiós ríos, adiós fontes.
- Campanas de bastabales.
- Negra sombra.
- Los Robles.
- Cantares gallegos.
- Follas Novas.
- ...

Organización da nosa BiblioRía

Aquí vos amosamos, en liñas xerais, como é a distribución da nosa BiblioRía.
A biblioteca está organizada en distintas zonas, para facilitar a lectura e consulta individual, traballos en grupo, lectura relaxada ou escoita , acceso a internet, celebración de actos en grande grupo como recibir a un escritor, ilustrador ou conferenciante.
Os fondos témolos clasificados según a CDU: Clasificación Decimal Universal, e según este sistema de clasificación, cada número corresponde a unha materia de coñecemento. Tamén a cada número e materia de coñecemento correspóndelle unha cor, según a adaptación da CDU feita por Bibliotecas Escolares de Galicia, para facilitar a adaptación dos nenos e nenas a esta clasificación que é a que se utiliza en todas as bibliotecas.
Os distintos andeis están sinalizados pola cor e o carteliño indicador do número correspondente á CDU colocado enriba.
A Literatura témola separada por idades, e dentro dos andeis está ordenada por editoriais, seguindo a orde alfabética das mesmas de arriba a abaixo.
O acceso a internet faise desde dous ordenadores, ademáis do adicado á xestión administrativa da biblioteca.
Contamos con canón de vídeo e pantalla extensible, así como altavoces e micrófono sen fío.
A zona audiovisual conta con televisor, lector de DVD e radio CD.

martes, 22 de febrero de 2011

"Cousas da biblioteca" con Caillou

A mestra Begoña atopou estes recursos na rede. Son uns vídeos de Caillou relacionados coa biblioteca e moi apropiados para que os visualicen os nenos e nenas de educación infantil.






lunes, 14 de febrero de 2011

O plano das árbores do colexio

Pois sí, na entrada ao colexio xa temos colocado o plano onde quedan reflectidas todas as árbores presentes nos exteriores da escola.
Aquí o tedes.
Se vos fixades ben, a esquerda do plano aparecen recollidos todos os tipos de árbores e situados co mesmo número no interior do plano.
A árbore escollida por cada aula queda representada por un círculo de cor e tamén se amosa a imaxe do grupo coa árbore correspondente.
 Por alí tamén se agachan Gaspar e Landro, os que desexan que este plano sexa do voso agrado.
Ata a próxima!!!

domingo, 13 de febrero de 2011

Mandalas de árbores

Unha boa actividade para traballar co noso alumnado é a decoración de mandalas. Seguindo o tema central deste curso escolar, aquí vos deixamos unha serie de mandalas relacionadas coas árbores e as páxinas na rede onde as poderedes atopar.



A mestra Begoña conta na súa aula co libro "Mandalas de bolsillo 9" mtm, Ilustracións Gemma Zaragüeta.
Neste libro, podemos atopar mandalas relacionadas coas árbores que o alumnado está a decorar e que, en breves, poderedes descubrir a través deste blogue.


jueves, 10 de febrero de 2011

"OS TESOUROS DO BOSQUE". Punto de Información na BiblioRía

Na nosa BiblioRía contamos cun espazo destinado a recollida de información sobre o proxecto que estamos a desenvolver. Así, vos presentamos en imaxes este espazo onde podemos atopar libros de consulta sobre árbores e bosques, contos relacionados co tema e o noso catálogo florístico onde se recollen as características de todas as árbores que temos na nosa escola.
En breves, poderedes disfrutar do CATÁLOGO FLORÍSTICO dende este espazo web... estade moi atentos e atentas.
Por certo, Gaspar e Landro mandan a todos os usuarios e usuarias deste blogue moitos bicos, apertas e moito amor pola lectura.