O curso xa está a piques de rematar e aquí estamos, coma sempre, metidos en danzas para
celebralo.
Como
este curso andivemos a trafegar no mundo
da arte, dentro do noso proxecto “Lendo con Arte”, estes nenos e nenas están
feitos uns artistas!
Así o están a demostrar neste festival de fin de curso tan cultural, onde
ademais de recitar, cantar e bailar, tamén nos contan do xeito máis artístico o
que aprenderon coa investigación do proxecto sobre os pintores e as obras que
cada quen traballou.
En primeiro lugar foi a actuación de 1º e 2º
de Primaria (1º ciclo), que escenificaron o cadro de Velázquez, “LAS
MENINAS”, e nos contaron tódolos
pormenores e cotilleos da corte de Felipe IV e de todas as personaxes que quedaron inmortalizadas no cadro. Rematou
a historia bailando un “Minué”.
En segundo lugar foi a actuación de Educación
Infantil que xirou arredor da figura e da obra de VINCENT VAN GOGH.
Un grupo mixto formado por nenos e nenas de 3,
4 e 5 anos comezaron recitando un poema que
resumía a vida de Van Gogh.
A
continuación os nenos e nenas de 3 anos fixeron unha danza coa música: “Starry, Starry Night” de Don McLean, que falaba do cadro co que máis traballaron: “La
Noche Estrellada”. Para rematar recitaron un poema elaborado na aula adicado a
este cadro.
Os nenos e nenas de 4 anos tamén fixeron un baile coa canción: “ Una calle de Paris” na versión de El Sueño de Morfeo, que
tamén fala de Van Gogh e a súa habitación, xa que eles traballaron moi
especialmente co cadro
“La Habitación de Arlés”. A continuación recitaron un
poema adicado especialmente a ese cadro.
E xa para rematar os nenos e nenas de 5 anos coa canción “Happy” de Pharrell Williams fixeron unha coreografía
que rematou nun cadro vivente do cadro de Van Gogh “Los Girasoles”. Tamén eles
tiñan un poema dedicado a este cadro que traballaron especialmente durante o
curso e que recitaron para todos como broche final.
Por último tivo lugar a gradución destes nenos de 6º
de Infantil que recibiron a banda e a orla, xa que o próximo curso pasan a
Primaria. Norabóa!