Como todos os anos, celebramos o aniversario do nacemento da poetisa galega ROSALÍA DE CASTRO en 1837 en Compostela. Como xa sabedes é unha das mirantes escritoras en Lingua galega.
Na actualidade a figura de Rosalía e as súas creacións continúan recibindo unha constante atención crítica, tanto no territorio español como no extranxeiro.
Aínda que cultivou a prosa, destacou no campo da poesía, coas súas tres novelas claves: " Cantares galegos", Follas novas" e " Nas orillas del sar".
Que mellor xeito de celebrar este día que recitando a súas poesías!!
Cada curso preparou unha poesía e recitouna para os demais.
Asemade, como este ano estamos a traballar a Arte que nos rodea, investigamos tamén as esculturas de Rosalía en Vigo e atopamos moitas que recopilamos nun pequeno mural, situado nas paredes da biblioteca.
Como agasallo os nenos e nenas leváronse un marcapáxinas coa escultura de Rosalía de Castro por un lado e un dos seus poemas máis recitados " Adios ríos, Adios fontes..."por outro.
Se queredes ver as fotos deste día tan especial premede no enlace:
martes, 24 de febrero de 2015
viernes, 13 de febrero de 2015
ENTROIDO CHEO DE ARTE
Como xa sabedes este curso estamos a traballar coa Arte que nos Rodea; deste xeito tivemos un Meco moi especial, unha reprodución da estatua do Sireno.
E, despois de toda a semana, seguindo as ordes do Meco, chegou o esperado entroido.
Infantil disfrazáronse de Prehistóricos e contáronnos un pouco como vivían nesa época.
Os nenos do 1º curso da Idade dos Metais e a cultura castrexa.
Os nenos/as de 2º curso de romanos e representaron unha batalla.
Os de 3º da época Medieval e bailaron unha danza.
Os de 4º da época Moderna e contáronnos as tres pasaxes máis importantes da Idade Moderna : A toma de Granada, a Arribada, os piratas e a Reconquista.
Os de 5º, que están a traballar a escultura e arquitectura dos séculos XIX e XX, disfrazáronse de constructores; albaneis, arquitectos....etc montaron varios puzzles de edificios da nosa cidade e, por último, os maiores do colexio foron disfrazados de turistas visitando as esculturas da nosa cidade e facendo fotos.
Despois dos desfiles os nenos/as de 6º curso leron o manifesto e decidiron indultar ó Meco.
Unha vez rematada a festa, non podía faltar a degustación de todos os doces típicos destas datas que os nenos/as trouxeron da casa.
Como sempre, temos que dar as gracias a ANPA pola axuda prestada na festa e na merenda.
Foi unha festa estupenda e agotadora!! Agora temos uns días para descansar!
Ata pronto!!
Se queredes algunhas fotos, premede no enlace. Tedes máis fotos na Páxina web do colexio e no blogue da ANPA.
miércoles, 11 de febrero de 2015
VISITA DO ESCULTOR JOSÉ MOLARES
Como este curso estamos a traballar “A arte que nos rodea”:
Escultura e Arquitectura, que mellor que un escultor para aprender máis sobre
este mundo tan interesante!
Deste xeito, hoxe día 11 de febreiro,
tivemos o privilexio de contar coa visita dun escultor moi coñecido en Vigo : JOSE MOLARES, autor de obras como
" A escultura de Julio verne" e " O paseo dos peixes" de Bouzas
" A escultura de Julio verne" e " O paseo dos peixes" de Bouzas
A visita estaba prevista para os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º
cursos, mais ó final non tiña tempo suficiente e tivemos que priorizar aos nenos/as de 5º e 6º porque estaba máis relacionada coa parte do proxecto que están a traballar.
Durante toda a visita centrouse na obra de Julio Verne, que está no Naútico.
Explicounos todo o proceso : primeiro fixo uns bocetos, despois creou unha estrutura metálica, máis tarde tapouna con barro; despois aplicoulle xeso para facer o molde. Unha vez que tiña o molde levouna á fundición e co proceso da "cera perdida" fundiuse por partes que despois soldáronse.
Por ultimo, pulíronlla cun chorro de auga con area e déronlle unha pátina para que collera ese aspecto verdoso.
Contounos moitas cousas máis, entre elas que é moi importante para él que as súas esculturas se poidan tocar e que o máis difícil de esculpir son as mans.
Os nenos e nenas fixéronlle moitas preguntas e estiveron moi atentos.
Por último, repartíu a cada neno/a, como agasallo, unha foto da escultura o día da súa inauguración.
Tamén, firmoulle aos nenos/as fotos que fixeron xunto a escultura na saída artística que fixeron por Vigo a semana pasada.
Para rematar, asinou no caderno de Bitácora da Biblioría e agasallámoslle cun chavero artesanal, feito polo equipo de Biblioteca.
MOITAS GRAZAS JOSÉ!!
e moitas grazas tamén a nosa compañeira Ana Maquieira, que fixo posible esta visita.
Esperamos que volvas pronto!Aquí tedes a reportaxe gráfica:
martes, 10 de febrero de 2015
Contacontos "Son San"_Raquel Queizás
Na escola, os nenos e nenas de educación infantil, puidemos desfrutar dunha sesión de contacontos con Raquel Queizás. O título de conto foi
"SON SAN"
e grazas á súa ambientación (elaborada con materiais de refugallo) e á marabillosa posta en escena, e interpretación de Raqueñ, pasamos unha sesión super divertida e moi saborosa, xa que a través da historia, o alumnado puido coñecer a importancia dos hábitos saudables, así como de comer froita de forma rutinaria.
Aquí vos deixamos coas imaxes da sesión que agardamos vos gusten.
Grazas Raquel!!!
lunes, 9 de febrero de 2015
INAUGURASE O RECUNCHO " LENDO ESPERO" PARA AS FAMILIAS
Xa sabedes
que dende a BiblioRía desenvolvemos o programa
“ LENDO ESPERO” para que as
familias que agardan polos seus fillos, polas tardes, poidan facelo lendo un libro ou unha revista
na Biblioteca do colexio.
Para
facilitar, se cadra un pouco máis, ese acercamento da lectura ás familias
INAUGURAMOS O RECUNCHO “ LENDO ESPERO”, no “porche” do colexio o martes 10 de
febrero.
A partires
deste día, podedes esperar polos vosos/as fillos/as ao rematar a xornada
escolar, o comedor ou as actividades ollando un libro, a prensa, unha revista…..etc.
Lembrade que
tamén tedes á vosa disposición a Biblioteca do colexio polas tardes os luns,
mércores, xoves e venres de 16:00 a 18:00, atendida polo/a mestre/a que estea
de garda ese día e os martes de 16:00 a
17:00, atendida polo equipo de Biblioteca.
Aproveitamos
a ocasión para dicirvos que temos libros novos moi interesantes que podedes
levar en préstamo polas tardes na Biblioteca.
Esperamos
que vos guste e que gocedes da lectura neste espazo pensado especialmente para
vós.
FELICES
LECTURAS E FELIZ ESPERA!!
Podedes ver as fotos dos cambios que foron produciendo dende o mes de xaneiro no recuncho da entrada o colexio:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)